Manifestación das Marchas da Dignidade o mércores 25 de Febreiro

Publicado por o día 23/02/2015 na sección de Vigo

Manifestación das Marchas da Dignidade o mércores 25 de Febreiro

Hoxe en rolda de prensa celebrada no local da FAVEC, as Marchas da Dignidade anunciamos públicamente a manifestación do mércores día 25 en Vigo, que abrirá o calendario de mobilizacion acordado a nivel estatal para 2015 baixo o lema “O 21 de Marzo volvemos a Madrid”

Representantes das distintas organización que formamos parte da Plataforma das Marchas en Vigo e Comarca: CUT, STEG, CGT, SF-Intersindical, Ecoar, Asemblea Republicana, Plataforma de Teis, Esquerda Unida e Podemos, PRESENTAMOS A MANIFESTACIÓN CONVOCADA A PROL DAS MARCHAS DA DIGNIDADE QUE, O MÉRCORES, 25 DE FEBREIRO, EN VIGO, SAIRÁ AS 20:00 HORAS DA PRAZA DE FERNANDO O CATÓLICO PARA REMATAR NA PORTA DO SOL BAIXO O LEMA: “O 21M VOLVEMOS A MADRID”, E QUE DE XEITO SIMULTANEO SE CELEBRARA TAMEN EN PONTEVEDRA, OURENSE, LUGO, FERROL, A CORUÑA E COMPOSTELA.

Trasladamos aos medios información sobre os motivos que nos levaron a convocar un calendario de movilizacións para 2015, a nivel estatal, e que comenzará ca VOLTA SOBRE MADRID o vindeiro 21 de Marzo para o que, dende Galiza, estamos a negociar o alquiler de tres trenes a Renfe así como autobuses que partiran de todos os currunchos do país.

A multitude de actos organizados para difundir a mobilización da Columna Galega sobre Madrid, (pancartas, cartelería, megafonía, concertos, debates, etc..) súmase o apoio de Diego Cañamero e Willy Toledo que estaran presentes nun acto que terá lugar en Vigo o vindeiro 10 de marzo, as 20:00 horas no Centro Cívico de Teis.

O 25 DE FEBREIRO TODAS E TODOS Á RÚA CAS MARCHAS DA DIGNIDADE

SÚMATE AO TREN DA DIGNIDADE. O 21M VOLVEMOS A MADRID

P A N , T R A B A L L O, E T E I T O

PRENSA MARCHAS DA DIGNIDADE