Manifestación e romaría en Vigo a prol da sanidade pública

Será o día 3 de setembro, a partir das 12 h, nas inmediacións do Hospital Xeral vigués
Por o 30/08/2016 | Sección: CC.OO,Sanidad,Vigo
Manifestación e romaría en Vigo a prol da sanidade pública

A xunta de persoal da área sanitaria de Vigo convoca para o vindeiro sábado, día 3 de setembro, a partir das 12 h, unha manifestación en defensa da sanidade pública. A acción reivindicativa rematará cunha romaría preto do Hospital Xeral.

A manifestación desenvolverase xusto un ano despois da gran mobilización que a cidade olívica acolleu en 2015 e na que participaran máis de duascentas mil persoas.

Segundo a xunta de persoal de Vigo, na romaría haberá actuacións musicais, monologuistas, inchables para nenos e nenas, así como bebida e comida a módicos prezos.