Manifestación o martes 19 en Vigo polo futuro de Barreras

Publicado por o día 18/11/2019 na sección de Galicia,Naval,Sindicatos,Vigo

Manifestación o martes 19 en Vigo polo futuro de Barreras

Mañá martes, 19 de novembro, haberá unha nova manifestación en Vigo polo futuro do estaleiro Barreras. A marcha, convocada conxuntamente por CCOO, UGT e CIG, partirá ás 11 horas desde a empresa e rematará diante da delegación da Xunta na cidade olívica.

A pasada semana xa houbo mobilizacións os días 12 e 14 de novembro. Nas protestas, os sindicatos denunciaron a total parálise da actividade. Esixen que a Xunta de Galicia se implique na procura dunha solución.

Comentar noticia

Your email address will not be published.