Manifestación en apoio ás marchas da dignidade

Publicado por o día 24/02/2014 na sección de CGT,CUT,Sindicatos,Vigo

Manifestación en apoio ás marchas da dignidade

  É coñecido de [email protected] que o vindeiro 22 de Marzo, van confluir en Madrid diversas columnas de cidadáns dos distintos territorios e nacións do estado español, para decir basta xa!, á política do goberno e da Troica. Esta iniciativa chamada Marchas da Dignidade, está a aglutinar á maioría do movemento sindical alternativo, ás organizacións políticas anticapitalistas e ós movementos sociais, ó longo e ancho do estado español.

Polo dito, as organizacións sindicais: CUT, CGT, SF-IN, S. Elevación, SLG e STEG, deron o primeiro paso para confluir nunha gran Plataforma Galega de apoio ás Marchas da Dignidade. A día de hoxe máis de cuarenta colectivos sociais, culturais, políticos ou cidadáns téñense xa integrado nesta Plataforma.

O 22 de marzo vai ter un antes e sobre todo un despois. O antes é encher de contido e de masas na rúa, este camiño de confluencia unitaria contra o sistema que nos oprime. Nese sentido e en apoio das Marchas da Dignidade están convocadas para o próximo mércores 26 de febreiro, ás 20,00 horas MANIFESTACIÓNS nas cidades galegas de, Ferrol, A Coruña, Compostela, Lugo, Vilagarcía, Pontevedra, Vigo e Ourense. A MANIFESTACIÓN de Vigo, sairá ás 20,00 horas da Praza de Fernando o Católico.

 Este venres 28F, ás 21h: Charla informativa na A.C. Bou Eva de Vigo sobre as Marchas da Dignidade. Mais info no twitter @ACBouEva ou na web http://t.co/ipnpPuHgPY.

  Tamén o día 1 de marzo, terá lugar o acto central da Columna Galega ás Marchas da Dignidade en Vigo. Será ás 18 horas no salón de actos dos Capuchinos, onde intervirá entre outros, o portavoz do SAT, Diego Cañamero.