O Comité Intercentros da Corporación de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) e o Comité de empresa da Corporación de Radio e Televisión Española en Galicia (CRTVE-Galicia) chaman a todos os traballadores e traballadoras de ambas as dúas empresas e a sociedade galega no seu conxunto a participar na manifestación que convocan para o vindeiro sábado 8 de setembro en Compostela pola dignidade dos medios públicos de comunicación.
A manifestación consiste nunha marcha que sairá ás 10:30 das instalacións da CRTVG en San Marcos, pasará inmediatamente despois pola sede que CRTVE ten tamén en San Marcos, e rematará na compostelá Praza das Praterías por volta das 12:30. O percorrido ata chegar á cidade coincide co último treito do Camiño de Santiago.
Unha vez na emblemática Praza das Praterías, procederase á lectura dun manifesto común das dúas empresas públicas que recolle os motivos da manifestación e as demandas que pretenden facer públicas as e os representantes do persoal da CRTVG e de CRTVE. A música de Uxía, Guadi Galego e Xabier Díaz acompañará o acto reivindicativo.
É a primeira vez que os comités de empresa dos dous entes públicos de comunicación unen as súas forzas nunha acción de protesta deste calibre. Nace despois de que o persoal puxera en marcha -primeiro en CRTVE e despois na CRTVG- os denominados “Venres Negros”, mobilizacións que secundan cada venres os traballadores e traballadoras do centro territorial da CRTVE en Galicia e o persoal da CRTVG en sinal de protesta pola situación que atravesan.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.