Manifesto da acción realizada por Feminismo Unitario no Pleno do Concello como protesta polo prendido de luzes o  25N, Día internacional contra violencias machistas

Publicado por o día 29/11/2017 na sección de Galicia,Vigo

Manifesto da acción realizada por Feminismo Unitario no Pleno do Concello como protesta polo prendido de luzes o  25N, Día internacional contra violencias machistas

Comunicado de Feminismo Unitario

Neste 25 de novembro ‘Día Internacional contra as Violencias Machistas’, o Feminismo saimos ás rúas para manifestar de novo o rexeitamento contra unha violencia que segue querendo someter ás mulleres, invadindo todos os ámbitos da nosa vida e amosando a sua cara mais cruel cos Feminicidios. No ano 2017 no Estado Español houbo 80 asasinatos machistas, deles 4 na Galiza.

Denunciamos a pervivencia do sistema patriarcal, orixe e núcleo da violencia machista.

Denunciamos a violencia institucional que sostén e mantén estas estruturas sen recoñecer e asumir a súa responsabilidade na perpetuación ou na erradicación da violencia cara ás mulleres.

A manifestación unitária do feminismo en Vigo estivo marcada pola contra-programación por parte do Concello, que decidiu realizar a inauguración pública do alumeado de nadal para o 25 de novembro, na mesma xornada que se conmemora o dia internacional contra as violencias machistas, amosando a pouca sensibilidad e compromiso coa loita feminista.

Sabemos que isto sería impensable se estiveramos a manifestarnos contra outras formas de violencia ou terrorismo.

Desde o feminismo o valoramos este feito como vergoñento, pois foi um intento de invisibilizar a convocatoria de loita contra o Patriarcado que nos asasina.

Este feito foi criticado desde os diferentes Colectivos Feministas organizadores da manifestación xa que o consideramos unha falta de respecto para as mulleres asasinadas e para o movemento feminista en xeral.

Houbo que lamentar tamén que varias activistas feministas foran increpadas e agredidas por alguns dos asistentes ao prendido das luzes, pois lles molestou que o espectáculo do Alcalde Abel Caballero coincidira con esta xornada de loita e reivindicación.

Hoxe estamos aquí, interrumpindo no pleno, para amosar o noso malestar e para exisir que feitos como este non se volvan a repetir. Oxala non tivesemos que volver a reivindicar outro 25 de novembro, pero de facelo queremos ter un acto único, protagonista do día, queremos un día de loita para erradicar a violencia contra as mulleres.

Porque querémonos vivas, libres e sen violencias machistas nas nosas vidas

Porque nos vai a vida nelo

Viva a Loita Feminista!