MANIFESTO da exitosa manifestación: NON ao BARCO na ROTONDA de COIA

Publicado por o día 12/12/2014 na sección de Asamblea Aberta Coia,Social

MANIFESTO da exitosa manifestación: NON ao BARCO na ROTONDA de COIA

A veciñanza do barrio e da cidade paramos as máquinas! E non marcharemos até que os centos de miles de euros que pensaban tirar nesta obra vaian destinados a cubrir as necesidades das persoas!

Levamos máis dunha semana na rotonda e, malia os intentos do alcalde e do seu goberno, aquí permaneceremos até que manifesten que o barco ficará no mar, ou á súa beira, e os cartos irán destinados a cubrir as necesidades da xente. Son momentos nos que o desemprego, os recortes, a insuficiencia das axudas sociais… están a deixar a moitas persoas sen uns mínimos para vivir con dignidade. Sen consultar a ninguén, e saltándose un acordo do pleno, pensaban tirar os cartos nunha obra de sospeitosa legalidade.

A nosa loita non é so por evitar que chanten o barco nesta rotonda, vai máis alá. É un berro, unha expresión do cansazo cidadán ante as políticas duns gobernantes que viven moi afastados das necesidades reais que temos as persoas. Eles viven nesa “cidade fermosa” dos grandes cruceiros, das obras faraónicas, mentres que nós vivimos nos barrios, nas rúas onde os meses son demasiado longos e os cartos, ao igual que os nosos dereitos, son sempre escasos.

Estes días lonxe de se escoitar o ruído das máquinas na rotonda, escoitáronse as voces e os berros dun barrio, dunha cidade que aposta por construír vida desde abaixo, desde a xente. Os zapatistas que saben escoitar moi ben, así o din:
¿ESCUCHARON?

Es el sonido de su mundo derrumbándose.
Es el del nuestro resurgiendo.
El día que fue el día, era noche.
Y noche será el día que será el día.

Que hoxe este berro se escoite ben forte:
NON PODE SER, O BARCO NA ROTONDA E AS FAMILIAS SEN COMER!!
NON PODE SER, O BARCO NA ROTONDA E AS FAMILIAS SEN COMER!!

O luns seguiremos na rotonda e animamos a todos os colectivos e persoas que acudan á asemblea aberta que ás sete celebraremos para pensar en común como continuar coa loita.

PRENSA ASAMBLEA COIA

2 Respuestas a "MANIFESTO da exitosa manifestación: NON ao BARCO na ROTONDA de COIA"