Manifestación da Plataforma SOS Sanidade Pública

Publicado por o día 11/02/2014 na sección de Anova,Política

Manifestación da Plataforma SOS Sanidade Pública
ANOVA Vigo, que apoia e participa na Plataforma SOS Sanidade Pública, fai un chamamento a toda a cidadanía a participar na manifestación convocada por dita plataforma o vindeiro dia 13 de febreiro po-la defensa da sanidade pública e da area sanitaria de Vigo.
 
Dende ANOVA Vigo defenden unha sanidade pública e de calidade, rexeitando as políticas sanitarias que se están a aplicar dende a Xunta de Galicia e a Consellería de Sanidade en xeral,pero tamén  a área sanitaria de Vigo que está sendo castigada po-los recortes mentres os fondos públicos son destinados a financiar hospitais privados como a renovación do concerto con POVISA.
Denuncian tamén a agresión que está sufrindo a poboación de Vigo e a sua comarca coa descapitalización de áreas tecnoloxicas vitais, de recursos humáns e dotacionais en equipamento e instalacións. Detraense recursos a Vigo en beneficio do Complexo Hospitalario de Santiago, isto afectará a calidade dos servizos prestados na área sanitaria de Vigo e nalgúns casos obrigaría as usuarias a desplazarse e ter como hospital de referencia o de Santiago.
ANOVA Vigo oponse a política sanitaria recentralizadora da Xunta así como a privatización do novo hospital público de Vigo, que xa está sufrindo recortes tecnolóxicos e de profesionais antes siquera de entrar en funcionamento.
 
Consideran falsos os argumentos, dados po-la Xunta, que so buscan potenciar o Complexo Hospitalario de Santiago a costa do de Vigo e aproveitarse dos éxitos acadados en investigación e nas diferentes especialidades.
 
ANOVA Vigo esixe: Que cesen os recortes e se potencie a área sanitaria de Vigo, recibindo o mesmo trato que Santiago, unha sanidade pública e de calidade, que os fondos públicos revirtan na sanidade pública e non na privada e que se manteña o proxecto inicial do novo hospital sendo este de caracter público.
 
ANOVA Vigo sairá a rúa o vindeiro dia 13 na defensa da sanidade pública na área de Vigo e contra o seu desmantelamento facendo extensiva esta convocatoria a toda a cidadanía de Vigo e comarca.