Manu Ferreiro do Marín PeixeGalego de LEB ORO, padrino do 6º torneo de baloncesto 3×3 do Seis do Nadal Coia

O Torneo puntuará por primeira vez para o I Circuito Galego 3×3 e para o FIBA Planet 3×3
Por o 05/08/2016 | Sección: Baloncesto,Deportes
Manu Ferreiro do Marín PeixeGalego de LEB ORO, padrino do 6º torneo de baloncesto 3×3 do Seis do Nadal Coia

Manu Ferreiro, xogador vigués que xogará na LEB Oro esta tempada, será o padrino do evento.

Na anterior edición o padrino do evento fora Alberto Abalde, xogador do Joventut da Liga Endesa.

O prazo de inscrición segue aberto para as categorías: minibásquet, infantil/cadete e júnior/sénior.

A 6ª Edición do Torneo de Baloncesto 3×3 que organizará o Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia nas pistas do Colexio Seis do Nadal os próximos días 19 e 20 de agosto do 2016 xa ten padrino, un padrino de LEB Oro.

torneo3x32016-2017

O padrino desta sexta edición do xa tradicional Torneo 3×3 será Manu Ferreiro, xogador nado en Vigo no ano 1990 e que militará a próxima tempada 2016/2017 no Marín Peixegalego de LEB Oro despois do recente ascenso na última campaña na que se proclamou campión de copa e liga.

Manu Ferreiro comezou a xogar en categoría preminibásquet na tempada 1998/1999 e a súa formación como xogador estivo moi ligada á cidade de Vigo nos clubs Vigo Básquet, Cía de María, Seis do Nadal Coia e Salesianos.

Con 16 anos debutou na Liga LEB co Gestibérica Vigo, con 17 e 18 anos xogou na Liga EBA no Valladolid Club Baloncesto, con 19 anos competiu na LEB Plata co Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, e desde ese momento incorporouse ao Marín Peixegalego onde xogou tres tempadas en Liga EBA e tres tempadas na LEB Plata.

Para o Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia é todo unha honra contar con Manu Ferreiro como padrino do 6º Torneo de Baloncesto 3×3 que aínda ten o prazo de inscrición aberto ata o próximo luns 15 de agosto do 2016.