Manuel Lago: “Os datos do paro do mes de setembro confirman a anomalía laboral galega con respecto ao Estado”

Unha de cada catro persoas desempregadas no mes de setembro en España é galega.
Por o 03/10/2017 | Sección: Emprego,En Marea,Galicia,Política
Manuel Lago: “Os datos do paro do mes de setembro confirman a anomalía laboral galega con respecto ao Estado”

O paro aumenta cinco veces máis en Galicia que na media do Estado, unha situación que non só se percibe nos datos do último mes de setembro, senón que se extende a todo o último ano, no que o mercado laboral galego viu como o paro se reduciu aquí a metade que no resto do Estado. Son algúns dos datos que levan ao deputado de En Marea Manuel Lago a falar de “anomalía laboral galega”.

Durante o mes de setembro o número de desempregados aumentou en Galicia case un 2%, mentres que no conxunto do Estado o fixo un 0.4%, “o que significa que unha de cada catro persoas desempregadas en España durante o mes de setembro é galega”.

Pero o comportamento aínda é máis desfavorable para o mercado laboral galego se se mide en termos de afiliacións á Seguridade Social, que nos serve de referencia coñecer ocupación. “Con respecto á ocupación o mes de setembro foi demoledor para Galicia, pois perdemos 6.631 persoas afiliadas, mentres que no conxunto do Estado a afiliación aumentou lixeiramente”.

Para En Marea dos datos do paro de setembro dedúcese por unha parte que continúa a “anomalía laboral galega”, pois o comportamento do mercado laboral é peor aquí que no resto do Estado. Tamén demostran a fraxilidade da denominada recuperación e a dependencia da estacionalidade ao ter unha estrutura produtiva moi dependente das actividades estacionais como o turismo ou comercio. “O noso país merece unha estrutura económica sólida que non dependa de se chove ou non, se hai máis ou menos turistas, e iso é o que están esquecendo no PP e na Xunta de Galicia”, denunciou Manuel Lago.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.