Manuel Rivas participará nun encontro público en Redondela

O escritor participa nunha xornada de promoción cultural e lingüística
Por o 11/03/2019 | Sección: Galicia,Redondela
Manuel Rivas participará nun encontro público en Redondela

O vindeiro mércores 20 de marzo haberá un encontro público co escritor Manuel Rivas. O acto, organizado por Normalización Lingüística e as bibliotecas municipais, será no auditorio do Multiúsos da Xunqueira, ás 19h. A entrada é de balde.

O escritor acode así á chamada do proxecto de intercambio bibliotecario “Literaturas irmás”, que comparten o Concello de Redondela e a vila de Monção. Manuel Rivas foi o primeiro escritor que acolleu a biblioteca portuguesa e Saramago o que acolleu Redondela. Desta maneira foméntase así o mutuo coñecemento cultural e lingüístico.

Comentar noticia

Your email address will not be published.