Mar de Ons inaugura este sábado a primeira viaxe de 2019 ás Illas Cíes

A naviera tamén reforzará o servizo regular Cangas – Vigo o sábado para facilitar o desprazamento estes últimos días do Nadal
Por o 03/01/2019 | Sección: Galicia,Vigo
Mar de Ons inaugura este sábado a primeira viaxe de 2019 ás Illas Cíes

Debido ao interese que están a suscitar as viaxes ás Illas Cíes fóra de tempada estival, o bo tempo destas datas e a demanda do servizo, a naviera Mar de Ons poñerá en marcha unha saída especial este sábado 5 de xaneiro inaugurando as visitas ao Parque Nacional no 2019. A viaxe contará con saídas desde os portos de Cangas e Vigo ás 10.30 e 11.00 horas, respectivamente e o regreso desde as illas producirase ás 14.00 horas. Como é habitual, a visita conta con ruta guiada en español e inglés para os estranxeiros. Os nenos menores de 12 anos viaxan gratis.

A última saída organizada o pasado 29 de decembro foi un éxito e tivo moi boa acollida xa que centos de persoas animáronse a realizar a última viaxe de 2018 ás Illas Cíes.

Reforzo do servizo regular Cangas – Vigo para este sábado

Co obxectivo de facilitar o desprazamento estes últimos días do Nadal e para a gran esperada cabalgata de SSMM os Reis Meigos e ante a demanda que seguen xerando as luces de Vigo, a naviera Mar de Ons reforzará a liña regular marítima de pasaxeiros, entre Cangas e Vigo, durante todo este sábado 5 de xaneiro con viaxes cada media hora ata a finalización do servizo. En concreto, o reforzo desde Cangas iniciarase a partir das 16.00 horas sendo a última saída de Vigo ás 22.30 horas. Mar de Ons reforzou o servizo durante todas as fins de semana e festivos do mes para facilitar os desprazamentos dos usuarios nesta época do Nadal.

Servizo para o 6 de xaneiro

O domingo 6 de xaneiro coincidindo coa festividade de Reyes, o servizo prestarase cada hora, comezando ás 9.00 desde Cangas e 09.30 desde Vigo. A última viaxe para este día festivo será ás 21.00 horas desde Cangas e 21.30 desde Vigo (terminando o servizo unha hora antes do habitual).

 
 

Comentar noticia

Your email address will not be published.