Mar de Ons ofrece a oportunidade de ver os lumes de Sanxenxo desde o mar

A saída está programada para o mércores 4 de setembro desde os portos de Sanxenxo e Portonovo
Publicado por o día 02/09/2019 na sección de Galicia

Mar de Ons ofrece a oportunidade de ver os lumes de Sanxenxo desde o mar

Con motivo da celebración das festas de Sanxenxo, a naviera Mar de Ons poñerá en marcha un servizo especial, o vindeiro mércores 4 de setembro, para seguir desde o mar, cunha perspectiva privilexiada, o tradicional espectáculo pirotécnico programado para as 00:00 horas, na praia de Silgar.

O servizo contará con saídas desde os portos de Sanxenxo e Portonovo, ás 22:15 horas e 22:30 horas, respectivamente, e a viaxe terá unha duración aproximada de tres horas. Ademais de gozar dunha vista completa dos lumes que despiden as festas da localidade dunha forma relaxada, os asistentes terán á súa disposición un cátering a bordo.

O peche correrá a cargo dun DJ contratado especialmente para a ocasión.

Os prezos son de 22 euros para adultos e 12 euros para nenos de 3 a 12 anos.

As reservas poden facerse na web www.mardeons.com ou chamando ao 986 22 52 72.