Mar de Ons organiza novas viaxes a Cíes esta fin de semana

Ademais do sábado 23, a iniciativa esténdese ao domingo 24 debido á gran demanda que están a ter estas excursións fóra de tempada estival
Por o 22/03/2019 | Sección: Galicia,Vigo
Mar de Ons organiza novas viaxes a Cíes esta fin de semana
Mar de Ons organizará esta fin de semana novas excursións ás Illas Cíes ante a forte demanda que está a ter esta actividade nesta época do ano e coincidindo coa primeira fin de semana da primavera. Inicialmente, a naviera estaba a organizar viaxes ás illas tan só os sábados e festivos sinalados, pero debido ao éxito da iniciativa Mar de Ons ha decido ampliar a oferta tamén para este domingo. “A última viaxe que organizamos ás Illas Cíes foi este pasado martes 19, festividade de San José e do día do pai, onde contamos con 200 viaxeiros, cifra récord deste tipo de excursións nesta época. Dado o bo tempo que estamos a vivir esta semana e a gran acollida que tivo
esta iniciativa puxemos en marcha outra viaxe para o vindeiro domingo, esperando que teña tanto éxito como os días anteriores e seguir fomentando a desestacionalización deste destino único”, sinala Silvia Torres, responsable comercial de Mar de Ons.
Con estes, xa son 20 as viaxes realizadas en sábado e festivos ao Parque Nacional Illas Atlánticas desde o pasado mes de outubro e máis de 2.300 os viaxeiros que escolleron a naviera Mar de Ons para chegar a este paradisíaco destino. “O obxectivo desta singular iniciativa é desestacionalizar un destino pensado inicialmente para os meses estivais e ofrecer aos usuarios a posibilidade de coñecer esta paisaxe tan espectacular desde outro punto
de vista e noutra época do ano”, apunta Silvia Torres.
A viaxe do sábado 23 contará con saídas desde os portos de Cangas e Vigo ás 10.30 e 11.00 horas, respectivamente e o regreso contará con dous horarios, 14.15 e 18.00 horas. O domingo 24 haberá saída desde o porto de Vigo ás 11.45 horas con regreso ás 14.15 e 18.00 horas.
Como é habitual, as visitas contan con ruta guiada en español e inglés para os estranxeiros. O prezo da viaxe é de 16 euros (ida e volta) e os nenos menores de 12 anos viaxan gratis.

Comentar noticia

Your email address will not be published.