Mar de Ons organiza unha nova viaxe a Cíes este sábado 12 de xaneiro

A naviera tamén reforzará o servizo regular Cangas – Vigo o domingo 13 de xaneiro para facilitar o desprazamento con motivo do apagado de luces de Nadal
Por o 10/01/2019 | Sección: Galicia,Vigo
Mar de Ons organiza unha nova viaxe a Cíes este sábado 12 de xaneiro
Debido ao éxito de participación, ao interese que están a suscitar as viaxes ás Illas Cíes fóra de tempada estival, e tamén ao bo tempo destas datas, a naviera Mar de Ons poñerá en marcha unha nova saída especial este sábado 12 de xaneiro. A viaxe contará con saídas desde os portos de Cangas e Vigo ás 10.30 e 11.00 horas, respectivamente e o regreso desde as illas producirase ás 14.00 horas. Como é habitual, a visita conta con ruta guiada en español e inglés para os estranxeiros. Os nenos menores de 12 anos viaxan gratis.
As últimas saídas organizadas os pasados sábados 29 de decembro e 5 de xaneiro foron un éxito rotundo e tiveron moi boa acollida xa que centos de persoas animáronse a realizar a última viaxe de 2018 e o primeiro de 2019 ás Illas Cíes.

Reforzo do servizo regular Cangas – Vigo para este domingo

Con motivo do apagado de luces de Nadal de Vigo que terá lugar este domingo 13 de xaneiro e co obxectivo de facilitar o desprazamento dos usuarios á cidade, a naviera Mar de Ons reforzará a liña regular marítima de pasaxeiros, entre Cangas e Vigo, durante este domingo 13 de xaneiro con viaxes cada media hora ata a finalización do servizo. En concreto, o reforzo desde Cangas iniciarase a partir das 16.00 horas sendo a última saída de Vigo ás 22.30 horas. Mar de Ons reforzou o servizo durante todas as fins de semana e festivos do mes para facilitar os desprazamentos dos usuarios nesta época do Nadal.

Comentar noticia

Your email address will not be published.