Mar de Ons organiza unha nova viaxe a Cíes o martes 19 de marzo

Por o 17/03/2019 | Sección: Galicia,Vigo
Mar de Ons organiza unha nova viaxe a Cíes o martes 19 de marzo

Mar de Ons organizou este sábado 16 de marzo unha nova excursión ás Illas Cíes ante a forte demanda que está a ter esta actividade nesta época do ano. Con este xa son 17 as viaxes realizadas en sábado ao Parque Nacional Illas Atlánticas desde o pasado mes de outubro e máis de 2.000 os viaxeiros que escolleron a naviera Mar de Ons para chegar a este paradisíaco destino. “O obxectivo desta singular iniciativa é desestacionalizar un destino pensado inicialmente para os meses estivais e ofrecer aos usuarios a posibilidade de coñecer esta paisaxe tan espectacular desde outro punto de vista e noutra época do ano”, apunta Silvia Torres, responsable comercial da naviera Mar de Ons.

A viaxe contará con saídas desde os portos de Cangas e Vigo ás 10.30 e 11.00 horas, respectivamente e o regreso contará con dous horarios, 14.15 e 18.00 horas. Como é habitual, a visita conta con ruta guiada en español e inglés para os estranxeiros. O prezo da viaxe é de 16 euros (ida e volta) e os nenos menores de 12 anos viaxan gratis.O martes 19, coincidindo coa festividade de San José e do día do pai, realizarase tamén excursión ás Illas Cíes nos mesmos horarios e con actividades guiadas incluídas tal e como vén realizando os sábados nesta época. En canto ao servizo regular Cangas Vigo para este día, o servizo prestarase cada hora, comezando ás 08.00 desde Cangas e 08.30 desde Vigo e sendo a última viaxe ás 22.00 horas desde Cangas e 22.30 desde Vigo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.