Mar de Ons organizará unha excursión mañá martes con motivo da festividade de San Xosé

Publicado por o día 18/03/2019 na sección de Galicia,Vigo

Mar de Ons organizará unha excursión mañá martes con motivo da festividade de San Xosé

Mañá martes 19 de marzo con motivo da festividade de San José, Mar de Ons organizará unha nova excursión ás illas Cíes para todos aqueles que queiran gozar deste paradisíaco destino no inverno. Ata o momento xa hai confirmadas máis de cen persoas para esta nova viaxe.

A viaxe contará con saídas desde os portos de Cangas e Vigo ás 10.30 e 11.00 horas, respectivamente e o regreso contará con dous horarios, 14.15 e 18.00 horas. Como é habitual, a visita conta con ruta guiada en español e inglés para os estranxeiros. O prezo da viaxe é de 16 euros (ida e volta) e os nenos menores de 12 anos viaxan de balde.

En canto ao servizo regular Cangas-Vigo para este día, o servizo prestarase cada hora, comezando ás 08.00 desde Cangas e 08.30 desde Vigo e sendo a última viaxe ás 22.00 horas desde Cangas e 22.30 desde Vigo.