Mar de Ons organizará viaxes ás Cíes na ponte da Reconquista

O xoves 28 e domingo 31, nos horarios habituais, saída de Cangas ás 10.30h, saída de Vigo ás 11:00h e regresos desde Cíes ás 14.15 e 18.00h.
Publicado por o día 26/03/2019 na sección de Galicia,Vigo

Mar de Ons organizará viaxes ás Cíes na ponte da Reconquista

A Naviera Mar de Ons organizará novas viaxes ás Illas Cíes durante esta ponte da Reconquista. Por este motivo, o xoves 28 (festivo local en Vigo) e o domingo 31 de marzo, a naviera realizará saídas desde os portos de Cangas e Vigo nos seus horarios habituais, 10.30 e 11.00 horas, respectivamente e regresos desde o Parque Nacional ás 14.15 e 18.00 horas. O sábado 30 tamén haberá viaxes ás Cíes, pero con horarios diferentes. A saída desde o Porto de Cangas terá lugar ás 10.15 horas e desde o de Vigo ás 10.45 e 15.00 horas. O regreso desde Cíes aos dous portos terá lugar ás 14.15 horas e pola tarde ás 17.00 e 19.15 horas.
Estas viaxes fóra de tempada estival están a ser un éxito e así o poñen de manifesto os centos de viaxeiros que cada sábado, domingo e festivo deciden desprazarse ás Illas Cíes para gozar deste paradisíaco destino da man dos guías. “O visitante das Illas Cíes nesta época do ano é un amante da natureza, da fauna e a flora que busca descubrir esta paisaxe única da nosa Comunidade Autónoma. Seguiremos activando este tipo de viaxes en fin de semana de bo tempo porque consideramos que é un destino que pode ser visitado en calquera tempada do ano, a desestacionalización destas viaxes foi un éxito e seguiremos desenvolvendo iniciativas que poñan en valor e potencien os puntos de interese e atractivo turístico de Galicia, especialmente as illas do Parque Nacional”, sinala Silvia Torres, responsable comercial da Naviera Mar de Ons.
A pasada fin de semana máis de 400 viaxeiros elixiron Mar de Ons para visitar as Illas Cíes. Como é habitual, estas visitas contan con ruta guiada en español e inglés para os estranxeiros. O prezo da viaxe é de 16 euros (ida e volta) e os nenos menores de 12 anos viaxan gratis.

28 marzo, Día da Reconquista en Vigo

O servizo regular Cangas – Vigo do día 28 de marzo, festividade local en Vigo (Día da Reconquista), realizarase cada hora, sendo o primeiro barco de Cangas ás 07.00 horas e desde Vigo ás 07.30 horas, ata o final do servizo, do mesmo xeito que os sábados.

Comentar noticia

Your email address will not be published.