A naviera Mar de Ons quere premiar aos usuarios da liña regular Cangas/Vigo con viaxes ás Illas Cíes por 10 euros. Para iso, os viaxeiros tan só terán que presentar o billete de barco entre Cangas e Vigo nos puntos de venda. Esta promoción, que deu comezo o pasado día 22 de setembro, é válida para as viaxes realizadas ás illas desde ese día e ata o vindeiro domingo día 30.
Desde a naviera indican que a iniciativa está a ter moi boa acollida. “O prezo do billete redúcese considerablemente, case un 40% en relación á tarifa habitual. Con este tipo de accións queremos premiar aos usuarios que a diario confían no noso servizo e que poidan gozar da beleza das illas nunha época na que está a acompañar o bo tempo”.
Ademais, hai que indicar que esta promoción súmase á que xa ten en marcha a naviera para as familias coa que os menores de 12 anos viaxan gratis.