Mar de Ons realizará viaxes a Cíes e San Simón durante a ponte do Pilar

Publicado por o día 10/10/2018 na sección de Galicia,Vigo

Mar de Ons realizará viaxes a Cíes e San Simón durante a ponte do Pilar

A Naviera Mar de Ons realizará viaxes ás Illas Cíes e a San Simón durante a Ponte do Pilar. A demanda que están a ter estes dous destinos impulsou á naviera para realizar saídas a estas dúas singulares illas. As saídas ás Cíes realizaranse o venres, sábado e domingo desde Vigo e Cangas; mentres que á Illa de San Simón haberá viaxes o venres e o sábado tamén desde os portos de Vigo e Cangas. Os barcos de Mar de Ons operarán cos seguintes horarios ás Illas Cíes:

Mar de Ons continúa coa Promoción para Familias, onde os nenos poderán viaxar gratis ata os 12 anos.

Illa de San Simón

As saídas a San Simón durante a ponte (venres e sábado) realizaranse desde os portos de Vigo e Cangas con aforamento máximo de 185 persoas ao día. A duración das visitas á Illa de San Simón é de máis de tres horas. A saída realizarase ás 16:15 horas desde Vigo e ás 15:45 desde Cangas e o regreso será ás 19:00 horas a ambos os portos. Os sábados 20 e 27 de outubro, tamén haberá visitas a San Simón. O barco sairá ás 10:15 horas desde Vigo e ás 09:45 horas desde Cangas e o regreso terá lugar ás 13:30 desde a Illa a ambos os portos.

Viaxes a Cíes de luns a venres con ruta guiada incluída

Debido ao bo tempo, e á demanda existente, a naviera tamén decidiu ampliar a oferta de servizos ás illas Cíes e desde principios de outubro, organizou excursións con RUTA GUIADA INCLUÍDA desde Vigo e Cangas entre semana. As saídas de Vigo realízanse ás 10:45 e ás 15:30 horas e desde Cangas ás 10:15 e ás 15:00 horas. O regreso desde Cíes a Cangas e Vigo ten lugar ás 18:45 horas. Tamén continuará ofrecendo viaxes a este destino, todos os sábados e domingos de outubro.