Maragouto, outro parque que afecta a turbeiras

A organización ecoloxista urxe ao Goberno Galego a que actualice e revise o Plan Sectorial eólico de Galicia, que se converteu nunha norma inválida e por tanto, inaplicable ao non incorporar nin integrar na súa planificación a actual normativa ambiental e paisaxística, incluido o Plan de Xestión do Lobo de Galicia do ano 2008. Resaltan que Galicia necesita moita enerxía eólica para superar a dependencia da enerxía fósil pero débense minimizar ás consecuencias ecosociais da instalación dos parques eólicos atendendo as leis que protexen o medio ambiente.
Publicado por o día 15/12/2020 na sección de Ecologistas en Acción,Medio Ambiente,Social

Maragouto, outro parque que afecta a turbeiras

Ecoloxistas en Acción sinala que a zona de afección do parque eólico Maragouto esténdese integramente na conca do Río Beba, pertencente á conca do Río Xallas. O parque proxectado aséntase directamente enriba dunha Braña, un humidal con hábitats prioritarios e regado por multitude de cauces e fontes. A organización ecoloxista resalta que estas turbeiras ameazadas, ademais de ser esenciais para frear o cambio climático, son o hábitat de diversas especies de interés prioritario e amparadas pola protección reforzada da Directiva de Hábitats.

Segundo a organización ecoloxista o proxecto eólico, ademais de ás turbeiras afecta, a hábitats prioritarios e de interese comunitario como bosques aluviais de Alnus glutinosa e  Fraxinus  excelsior e turbeiras que non poden ser obxecto de deterioración.

Ecoloxistas en Acción lembra que Cómpre ter en conta que dentro dos 5 km dá entorna do proxecto, hai 8 parques eólicos, catro deles en fase de tramitación e outros catro en explotación. Esta acumulación e concentración de parque eólicos  e das infraestruturas asociadas correspondentes ás liñas de evacuación agravarán  o impacto visual, a fragmentación dos hábitats, a perda da biodiversidade e o impacto acústico.

Datos ténicos do proxecto eólico:

O parque eólico  Maragouto constará de 10 aeroxeradores G132 ou similar de ata 3,465MW de potencia unitaria, cunha potencia de conxunto de 34,65MW. Cada aeroxerador dispoñerá do seu propio transformador que entregará a potencia xerada á rede de interconexión interna do parque eólico de media tensión (30kV). Esta rede interna conduciría a enerxía ata a subestación transformadora 30/13kV do parque eólico, onde se elevaría o nivel de tensión de 30kV á de transporte 132kV. A enerxía eléctrica proxecta evacuarse mediante unha Liña Aérea de simple circuíto á tensión de 132kV ata a súa conexión coa subestación en proxecto de  Banzas 30/132 kV. A liña de  evacuación é obxecto doutro  proxecto.

Para a organización ecoloxista resulta inconcebible que uns aeroxeneradores con unhas pás tan grandes e con un diámetro de rotor tan enorme estén tan preto das vivendas dás familias. O proxecto representa unha falla de resperto ás persoas, ás familias e un atentado contra o benestar individual e familiar e unha vulneración dos seus dereitos fundamentais do artigo 15 da Constitución española, polos impactos visuais e acústicos. Unha falla de respecto en relación ás comunidades locais.

Comentar noticia

Your email address will not be published.