Marcha da dignidade galega

Publicado por o día 19/02/2014 na sección de Vigo

Marcha da dignidade galega

   ¡¡ O 22M, as galegas e os galegos, tamén imos a Madrid!!!

  O vindeiro 22 de Marzo, van confluir en Madrid diversas columnas formadas por cidadás e cidadáns que partirán dos distintos territorios e nacións do estado español, para decir basta xa!, á política do goberno e da Troika. Esta iniciativa chamada Marchas da Dignidade, está a aglutinar á maioría do movemento sindical alternativo, ás organizacións políticas anticapitalistas e ós movementos sociais, ó longo e ancho do estado español.

  En Galiza, a organización da Marcha da dignidade Galega xa está en marcha. tras o acordo acadado polo sindicalismo alternativo, co tecido dos movementos sociais en Galiza e con algunhas organizacions políticas anticapitalistas que xuntaronse o 11 de febrero na Gentalha do Pichel en Compostela preocupados e ocupados en buscar unha saída a coxuntura que estamos a sufrir, e que nos están a imponer, a toda a clase traballadora.

  Entre outros…, acordouse constituir a plataforma galega de apoio as marchas da dignidade e dende os sindicatos, sumados, convocar manifestacións simultaneas nas principales vilas e ciudades de Galiza o 26 de Febreiro ás 20:00 horas e crear un blog na rede, participativo e aberto, marchasdadignidade.blogspot.com que nos facilite a coordinación e o seguimento da organización da columna Galega a Madrid.

  En Vigo para organizar o traballo, e constituir a plataforma nesta cidade e bisbarra, facemos un chamamento a todas as organizacions, plataformas, asociacions, asembleas…, e/ou persoas a título individual, a participar nunha xuntanza que terá lugar mañan mércores 19 de febrero ás 11:00 h, no local da CUT, rúa Urzáiz 71, entrechán dereito de Vigo. Finalizada a reunión manterase unha ROLDA DE PRENSA para informar dos acordos acadados.

CARTAZ (2)percorridos e vilas manifas

PRENSA SF INTERSINDICAL