Marchas da Dignidade convocan en Galicia 7 grandes manifestacións baixo o lema: “CAMIÑANDO Ó OBRADOIRO, PAN, TRABALLO, TEITO E DIGNIDADE”

Publicado por o día 07/10/2015 na sección de Social

Marchas da Dignidade convocan en Galicia 7 grandes  manifestacións baixo o lema: “CAMIÑANDO Ó OBRADOIRO, PAN, TRABALLO,   TEITO E DIGNIDADE”

En Vigo faremos o percorrido habitual dende a Praza de Fernándo o Católico ate a Porta do Sol as 8 da tarde.

Tratase de “quentar motores” para a grande mobilización que faremos sobre o Obradoiro o sábado 24, as 12 do mediodía. O 24 de Outubro voltamos ao OBRADOIRO, con distintas marchas que confluirán en tres columnas para unha vez máis ateigar a emblemática praza. O 24-O Imosss!!!

Xa vai máis dun ano dende que as Marchas da Dignidade comezamos a mobilizarnos para reclamar Pan, Traballo e Teito. O 22 de marzo de 2014 xuntarmonos máis dun millón de persoas en Madrid, logo rodeamos o Parlamento Galego. O 29N ateigamos o Obradoiro, e o 21 de marzo deste ano resolvemos unha nova grande manifestación en Madrid.

Pese a estas grandes mobilizacións en defensa dunhas condicións de vida dignas, o goberno do PP, co beneplácito de PSOE, continúa a gobernar de costas á meirande parte da poboación que sufre unhas políticas que cada vez nos empobrecen máis. Entre estas medidas atópanse a pérdida de dereitos laborais, os recortes e privatizacións de servizos públicos, e a perda de liberdades coa Lei Mordaza como exemplo.

A todo o anterior debemos engadir a entrega da soberanía do Estado á Troika, que é en última instancia quen controla a política económica do noso goberno, orientándoa coa complicidade deste cara o pago dunha débeda ilexítima e ilegal, que unha vez tras outra beneficia ás grandes empresas e fortunas arrastrando ao pobo traballador cara a miseria:

– Máis do 30% da infancia do Estado atópase en risco de pobreza e exclusión.

– En 35.500 fogares en Galiza e 770.000 fogares no conxunto do Estado non entra ningún tipo de salario, pensión, ou subsidio.

– A poboación en paro supera o 22%, mentres que entre a xuventude os datos ascenden ate case o 50% tanto para Galiza como para o conxunto do Estado. Por outra banda, quen traballa faino en condicións de precariedade, case sempre con contratos temporais e salarios ridículos que dificilmente permiten subsistir.

– Continúan os desafiuzamentos, aumenta a represión nas rúas, estase a condear á mocidade á emigración, négasenos a asistencia sanitaria e os medicamentos que poden supoñer a curación de enfermedades mortais (caso da Hepatite C), destruénse os sectores productivos tendo o exemplo do leite e a pesca en Galiza.

– Dáselle o poder do Estado a potencias estranxeiras e privadas coa firma do Tratado de Libre Comercio (TTIP polas súas siglas en inglés) e cedendo cada vez máis poder á OTAN.

– Cada día máis mulleres son vítimas da violencia machista sen que o Estado mova un dedo.

Por todo isto, e máis, chamámos a toda a poboación a camiñar xuntos cara o Obradoiro movilizándonos todas e todos coas Marchas da Dignidade ate conquerir PAN, TRABALLO E TEITO.

GDE Error: Error al recuperar el fichero. Si es necesario, desactiva la comprobación de errores (404:Not Found)

PRENSA MARCHAS DA DIGNIDADE