As Marchas da Dignidade en Vigo e comarca convocan rolda de prensa

Por o 28/10/2014 | Sección: SF Intersindical,Sindicatos
As Marchas da Dignidade en Vigo e comarca convocan rolda de prensa
Compartir en:

A Plataforma, Vigo e Comarca, das Marchas da Dignidade, convídavos a unha ROLDA DE PRENSA que terá lugar o próximo mércores día 29 ás 12:00, a pé de rúa, na Farola de Urzaiz en Vigo.

O obxectivo da mesma é a PRESENTACIÓN DA MANIFESTACIÓN que terá lugar o xoves, 6 de Novembro en VIGO en APOIO DA MOBILIZACIÓN DAS MARCHAS DA DIGNIDADE que, unha vez máis baixo o lema PAN TRABALLO E TEITO, o 29N ocuparemos o Obradoiro con cinco columnas humanas procedentes de toda a xeografía galega.

Baixo este lema, que resume as aspiracións das máis de cuarenta organizacións e colectivos sindicais, políticos e dos movementos sociais de Galicia respecto da situación que estamos a vivir a maioría social, as Marchas da Dignicadade volvemos a mobilizarnos o 29 N, en Galiza e en todo o estado e, previamente, en apoio do que vai ser esta grande mobilización convocamos o 6 de novembro 7 manifestacións nas principales cidades galegas. En Vigo será ás 8 da tarde co percorrido habitual: Saida dende a Praza de Fernándo o Católico e remate na Porta do sol.

PRENSA SF INTERSINDICAL