Marcos Cal: “O principal responsable do agravio que sofre Galicia coa AP9 é o PP”

Publicado por o día 27/12/2019 na sección de Galicia,Grupo Común da Esquerda,Política

Marcos Cal: “O principal responsable do agravio que sofre Galicia coa AP9 é o PP”

O deputado do Grupo Común da Esquerda, Marcos Cal, acusou este venres ao Partido Popular de ser “o principal responsable do agravio que sofre Galicia coa AP9”. Na comparecencia do director da Axencia Galega de Infraestruturas na Comisión 2ª do Parlamento sobre a autoestrada, Cal criticou que esta intervención foi “unha burla á cidadanía e a esta Cámara”.

Desta maneira, o deputado destacou que “o PP pretende facer ver que ten interese en baixar as peaxes da AP9, cando foi o PP o que asinou o último convenio con AUDASA que permite a subida das peaxes, e cando foi Aznar quen outorgou a prórroga da concesión á empresa ata o 2048”. Polo tanto, “é o Partido Popular o principal responsable do agravio que sofre Galicia con respecto á AP9, e hoxe tivemos que soportar esta pantomima de publicidade e propaganda, como fan sempre”. Ademais, incidiu en que “mentres gobernan suben as peaxes e prorrogan a concesión, e cando non gobernan esixen que mellore a situación”.

Fronte a isto, Marcos Cal indicou que “hai que acometer dunha vez a recuperación da autoestrada para o público, rematar con esta estafa e poñer a principal vía de comunicación galega ao servizo do desenvolvemento de Galicia”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.