En Marea acolle as propostas da Marea Branca e aposta por “seguir coa presión nas institucións, nas rúas e por parte dos colectivos”

Eva Solla: “Moitas das medidas coinciden coas que recolliamos no noso programa electoral”.
Publicado por o día 19/07/2017 na sección de En Marea,Galicia,Política

En Marea acolle as propostas da Marea Branca e aposta por “seguir coa presión nas institucións, nas rúas e por parte dos colectivos”

A voceira de Sanidade de En Marea no Parlamento de Galicia, Eva Solla, recepcionou a lista de 38 propostas e principios básicos para reverter o proceso privatizador ao que o PP está sometendo a sanidade pública de Galicia e do resto do Estado, que esta mañá representantes da Marea Branca presentaron aos diferentes grupos políticos no Parlamento de Galicia.

Igual que facemos co resto de plataformas e colectivos que traballan por recuperar dereitos no ámbito sanitario, recibimos este documento con gran agrado”, afirmou Solla, que lembrou que moitas destas propostas “coinciden en gran medida con moitas das que levabamos no noso programa electoral e temos trasladado a debate en múltiples ocasións”.

A parlamentaria de En Marea tamén sinalou que estudará o documento xunto ao grupo parlamentario de En Marea no Congreso “porque moitas das normas ás que afectan, coma o RD 16/2012 ou a Lei 15/97, son de carácter estatal”, coordinando así a acción política segundo sexa a competencia.

Para En Marea “é necesario en todas as administracións, nas rúas e por parte dos colectivos, seguir cunha presión continada para denunciar e reverter a privatización continua contra a que se está mobilizando moitos profesionais cada día e que se está incrementando de xeito preocupante nos últimos anos”.