En Marea acusa ao Conselleiro de Sanidade de “tomar por parvos” aos galegos e galegas no relativo ao peche de camas anunciado para o verán

A vicepresidenta do Parlamento e deputada de En Marea, Eva Solla, criticou que a Xunta bote man “cada vez dun novo eufemismo” para non recoñecer claramente que o que fai é pechar camas.
Publicado por o día 12/06/2017 na sección de En Marea,Política,Sanidad,Vigo

En Marea acusa ao Conselleiro de Sanidade de “tomar por parvos” aos galegos e galegas no relativo ao peche de camas anunciado para o verán

A vicepresidenta do Parlamento de Galicia e deputada de En Marea, Eva Solla, acusou ao conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, e ao executivo de Núñez Feijóo de “tomar por parvos aos galegos e galegas¨ no relativo ao xa tradicional camas no verán por parte do Goberno galego. “Cada vez botan man dun novo eufemismo para non admitir que o que están a facer é un peche de camas” afirmou Eva Solla.

Un ano máis a Consellería de Sanidade opta por pechar ata o 20 por cento das camas dispoñibles no SERGAS mentres continúa a incumprir coa Lei de Garantías Sanitarias aprobada polo propio Goberno galego. Así mesmo, Solla lembrou a problemática das listas de espera e as necesidades nalgunhas áreas sanitarias que deixan en evidencia que o peche de camas é todo o contrario o que se debería facer se o que se pretende e rebaixar as esperas e mellorar a atención aos usuarios e usuarias.

A vicepresidenta do Parlamento e deputada de En Marea ten rexistrado hai case un mes diversas iniciativas en previsión da actuación que levaría a cabo a Consellería xa que desgraciadamente o peche de camas nos hospitais públicos galegos tense convertido xa en un clásico no SERGAS en período estival.