En Marea acusa ao PP de utilizar a OPE de Educación para os seus intereses políticos

O goberno segue sen convocar unha oferta de emprego imprescindible e condicionándoa politicamente á súa estratexia de partido.

En Marea consdiera que o Partido Popular está utilizando a Oferta Pública de Emprego en Educación para os seus intereses políticos e sen ter en conta en absoluto as necesidades docentes e do alumnado.

En Marea considera unha irresponsabilidade enorme que o PP desaproveitara a ocasión de hoxe na mesa sectorial de aclarar unha situación que afecta a moita xente, docentes, alumnos e opositores. Estamos ante un caso máis de abandono e desleixo total de funcións por parte do executivo galego que en vez de velar polos intereses do ensino público galego, prima a postura do Partido Popular.

As ofertas de emprego público non poden depender doutras variables que non sexan as necesidades dos servizos públicos. E no eido do ensino estas son claras. De feito, consideramos unha convocatoria insuficiente, coas cifras que se manexan soamente se estaría en disposición de cubrir as xubilacións sen reducir a elevada taxa de interinidade que nos anos da crise pasou de estar por debaixo do 5% a por enriba do 13%. Queremos unha resposta clara e por iso o próximo mércores preguntaremos no pleno sobre este asunto.

Noticias de última hora en Vigo

educacionen marea

SIGUENOS EN TELEGRAM