En Marea alerta do crecemento de EREs de despido en Galicia evincúlaos directamente á reforma laboral

O portavoz de En Marea Luís Villares e o deputado Manuel Lago mantiveron unha reunión esta mañá con representantes de UXT Galicia e coincidiron en salientar a grave situación laboral do noso país marcada por un escenario de precariedade e empobrecemento dos traballadores.
Publicado por o día 27/10/2016 na sección de En Marea,UGT,Vigo

En Marea alerta do crecemento de EREs de despido en Galicia evincúlaos directamente á reforma laboral

O portavoz de En Marea, Luís Villares, e o deputado Manolo Lago, reuníronse esta mañá cos representantes de UXT Galicia para establecer unha colaboración permanente e fluída e tratar a situación laboral actual no noso país. O portavoz de En Marea, Luís Villares, declarou que “a defensa dos intereses de Galicia non se pode facer sen unha defensa correcta dos traballadores e traballadoras do noso país e da xente que non ten traballo a día de hoxe, queremos ser a voz dos traballadores no Parlamento, esixiremos a creación de políticas de emprego e denunciaremos o empobrecemento e precariedade laboral a que están sendo obrigados os nosos empregados e empregadas.

Unha colaboración e traballo que se estenderá tamén ao Congreso a través da labor do grupo de En Marea como destacou Luís Villares. Así destacou  a urxencia de pedir a derrogación das dúas reforma laboral e iso é o que estamos a esixir desde En Marea tamén no Congreso. A paralización da LOMCE outra que empeora a calidade do Ensino tamén en materia laboral e en terceiro lugar, unha das iniciativas populares que queremos sacar adiante tamén no Estado español é a relativa á renda básica. “O debate de investidura non nos ofrece ningunha novidade do que ata agora o PP estaba a levar a cabo pero aproveitaremos a febleza do goberno que se constitúe para intentar achegar acordos para construír novas maiorías que sexan capaces de frear a desfeita do PP na última lexislatura e acabar coa normas que están causando sufrimento á maioría social” afirmou Villares.

O portavoz de En Marea, a vista dos datos coñecidos hoxe mesmo da enquisa de poboación activa (EPA) advertiu que estamos ante un novo escenario marcado polo crecemento do empobrecemento da poboación. “Hoxe xa non abonda con traballar para saír de pobre e isto é unha absoluta desgraza porque a maior parte da poboación o único que ten é a forza do seu traballo, e se iso non garante uns mínimos de calidade de vida estamos ante un problema grave”. Así, asegurou que a crise económica poderá estar entrando nunha nova fase de crecemento macroeconómico pero a crise social segue a se afondar creando un modelo de relacións laborais e emprego absolutamente contrario ao que é necesario para vivir con dignidade.

Onte mesmo facíanse públicos os datos sobre a evolución dos ERE no conxunto do Estado, rexistrando en Galicia un aumento moi superior a outras zonas do Estado. Por este motivo, o portavoz de En Marea asegura que é preciso revisar acabar coa reforma laboral e revisar esta norma xa que “non funcionou para o que tiña que funcionar, ou para o que se nos vendeu que ía servir e para o único que valeu foi para someter a maior sufrimentos aos traballadores e traballadoras impoñendo unhas condicións absolutamente precarizadas e facer que non saian de pobres as persoas que están traballando”.

O secretario xeral de UXT Galicia, Xosé Antonio Gómez, asegurou que máis alá do crecemento macroeconómico a nosa preocupación centrase na situación real das familias e da maioría social que como queda reflectido nos datos da EPA publicados hoxe mesmo, consolidase o binomio da pobreza laboral. O emprego que se crea é precario, estacional e de mala calidade, a parcialidade medra cada día máis e o salario cada vez son máis baixos. Hoxe ter un traballo non significa saír do eido da pobreza. “Demandamos que o crecemento macroeconómico se aproveite para cambiar esta situación e as políticas que se están a desenvolver para o que a Xunta de Galicia ten competencias en materia de emprego” reclamou Xosé Antonio Gómez. Para iso os orzamentos da Xunta para 2017 deben contemplar políticas activas de emprego, así como acabar cos recortes en Educación e Sanidade que seguen a provocar unha intolerable situación de precariedade dos traballadores e traballadoras dos servizos públicos do noso país.

En Marea cos traballadores e traballadoras de Isolux Corsán-Corviam 

en-marea-isolux

O viceportavoz de En Marea, Antón Sánchez, e os deputados Juan Merlo e Pancho Casal, reuníronse esta mañá no Parlamento de Galicia cos representantes de traballadores e traballadoras de Isolux Corsán-Corvian para tratar o ERE de despido presentado pola empresa e que afectará a uns 500 traballadores no conxunto do Estado sendo uns 200 en Galicia.

O viceportavoz de En Marea, salientou o incremento dos ERE de despido que se están a dar no noso país con casos como o de Isolux, Banco Pastor ou Extel, afectando a  Galicia de xeito moito máis grave que no resto do Estado. No que vai de ano ata agosto incremnto 15 por cento mentres que na media do Estado reducíronse un 13 por cento. Isto o que quere dicir é que se està a consolidar un cambio do modelo económico caracterizado pola destrución de emrprego en sectores cualificados e con certas condicions salariais e creandose emrpegos inestables, precarios e pouco cualificados.

A incidencia no noso país e moito máis grave como no caso de Ferroatlántica que están a crear emprego nas seccións de enerxía en Madrid mentres se destrúen en Galicia. Extel a afectación e moito maior que no resto do Estado, e o mesmo acontece con Isolux. Mentres que se estea a empregar a reforma laboral para despedir barato e cambiar o modelo laboral por un modelo precario imos mal. Non se poden ter discursos triunfalistas ante esta situación” denunciou Antón Sánchez. “Estamos ante unha descapitalización do noso país” concluíu.

Sergio Vázquez Crespo, representante dos traballares en Galicia, destacaron tamén a situación de Galicia que é máis grave que no resto do Estado xa que afecta a un 50 por cento. Estamos unha vez máis ante unha descapitalización da empresa en España e especialmente en Galicia como destacaron os propios traballadores aos que a empresa propón un traslado ao estranxeiro cobrando un salario menor ou igual ao que percibían ata agora. Os representantes dos traballadores denunciaron así mesmo o “uso fraudulento” que se está a facer das leis e a tendencia a descapitalización das empresas.