En Marea amosa o apoio aos veciños e vecinas contra o vertedoiro de Lousame

Publicado por o día 18/10/2016 na sección de En Marea,Política,Vigo

En Marea amosa o apoio aos veciños e vecinas contra o vertedoiro de Lousame

En Marea xunto con representantes das mareas do Barbanza, do Partido da Terra de Lousame e da Plataforma contra o Novo vertedoiro de Residuos Ambientais de Lousame ofreceron esta tarde unha rolda de prensa para demandar unha nova política de xestión de residuos por parte da Xunta de Galicia. O portavoz de En Marea, Luís Villares, sinalou que desde En Marea apoian as reivindicacións do movemento veciñal ecoloxista nun dobre ámbito. Por un lado a nivel local En Marea rexeita a situación escollida na medida en que se sabe que vai afectar valores ecolóxicos e ambientais, concretamente en relación aos acuíferos da zona, nun concello que xa existen outros ámbitos industriais relacionados cos residuos. Así mesmo, manifestou o rexeitamento de En Marea con carácter peral da política de Sogama pouco respectuosa cas directrices europeas en canto a xestión de residuos e reciclaxe baseada fundamentalmente nunha produción masiva de residuos que non son reutilizados, reducidos nin reciclados con consecuencias indesexables para todo o país como son os vertedoiros de residuos e industriais como o de Lousame. “En Marea cre que a política de residuos sólidos urbanos ten que ser totalmente repensada da Xunta de Galicia do que isto non é máis que unha manifestación nefasta“ concluíu Luís Villares.

O concelleiro do Partido da Terra de Lousame, José Rodríguez, cualificou de “terrorismo ambiental por parte da Xunta de Galicia e os seus amigos como o Concello de Lousame“ o que se intenta facer en Lousame e lembrou como hai sete días o goberno local e o PSOE optaron pola abstención ante a presentación por parte dos veciños e veciñas dunha moción para se opoñer a este vertedoiro sendo apoiada unicamente polo Partido da Terra e o BNG. Así mesmo asegurou que continuarán loitando contra este proxecto e destaco que “non descartamos que existan certas irregularidades administrativas fora do ámbito do Concello e incluso casos de prevaricación que no caso de que se destapen serán levados aos tribunais“ asegurou José Rodríguez.

A concelleira de Marea Cidadá de Noia, Noelia Estevez, manifestou a repulsa do seu grupo ante esta aberración que afectará de xeito moi importante ao concello de Noia xa que recolle as augas do río Vilacoba onde se pretende poñer este vertedoiro industrial. Este mes a Marea Cidadá de Noia presentará no Concello unha moción en repulsa a este vertedoiro como anunciou Noelia Estévez.

En último lugar o alcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro, anunciou que as mareas da Barbanza levarán aos distintos concellos mocións e defenderán que se presenten alegacións contra este proxecto apoiando as xustas reivindicación da plataforma vecinal. Unha situación de inxustiza que terá consecuencias moi negativos a nivel medio ambiental como denuncio Xosé Lois Piñeiro.