En Marea amosa a súa repulsa as detencións “políticas” levadas a cabo en Cataluña

É de extraordinaria gravidade que a Fiscalía Xeral do Estado solicite o encarceramento dun goberno elixido democraticamente polo conxunto da cidadanía.
Por o 03/11/2017 | Sección: En Marea,Galicia,Política
En Marea amosa a súa repulsa as detencións “políticas” levadas a cabo en Cataluña

Desde En Marea consideran totalmente reprobables as accións levadas a cabo contra o Govern da Generalitat, “pois representan un novo atentado á democracia”.

“Unha democracia madura debe dar solucións políticas aos problemas políticos e non insistir en xudicializalos. O feito de mandar a prisión a estes cargos públicos non fai máis que enquistar o conflito que se está a dar en Cataluña”.

“O goberno do Partido Popular mostra de novo o seu afán autoritario, totalitario e irresponsable. Do mesmo xeito que a aplicación do 155 non contribuíu en absoluto a mellorar o tensionamento, ditas detencións van no mesmo camiño de agravar a fenda. É inaudito que un estado europeo moderno, en pleno século XXI, teña presos políticos pola defensa do dereito a decidir. Do mesmo xeito, é de extraordinaria gravidade que a Fiscalía xeral do Estado solicite o encarceramento dun goberno elixido democraticamente polo conxunto da cidadanía”.

A represión non solventa os problemas políticos, só os agrava. Por iso dende En Marea solicitamos a posta en liberdade inmediata de todos os cargos do Govern e dos presidentes da ANC, Jordi Sánchez e de Ómnium Cultural, Jordi Cuxart”.

Una respuesta para "En Marea amosa a súa repulsa as detencións “políticas” levadas a cabo en Cataluña"

  1. Gamela   03/11/2017 at 8:14

    esto sí que é un atentado contra a democracia…!
    https://twitter.com/Gamela2017/status/891431631428431874