En Marea apoia a concentración en Defensa da Sanidade Pública

A deputada Yolanda Díaz participará na mobilización en Cambre a partir das 20:00 horas
Publicado por o día 01/08/2016 na sección de En Marea,Política,Sanidad

En Marea apoia a concentración en Defensa da Sanidade Pública

A deputada de En Marea, Yolanda Diaz asistirá esta tarde, a partir das 20:00 horas, á concentración convocada diante do Centro de Saúde do Temple, en Cambre, en defensa da Sanidade Pública.

A concentración, convocada polas veciñas e veciños quere denunciar, unha vez máis, a carencia de medios e persoal no PAC de Cambre e no Centro de Saúde do Temple.

Yolanda Díaz sinala, unha vez máis, que a política sanitaria da Xunta de Galicia está a deteriorar e facer inviable o sistema sanitario público galego como paso previo á súa privatización.

A deputada de En Marea denuncia, de novo, a carencia de medios aos que se enfrontan a diario os profesionais e as propias persoas usuarias dos centros sanitarios, por “iso esiximos que a nova infraestructura sanitaria do Temple estea dotada de especialidades médicas que cubran as necesidades nas mellores condicións para a atención sanitaria das e dos veciños de Cambre”.