En Marea asegura que a comparecencia da conselleira de Vivenda chea de xeneralidades e sen dato algún demostra que o PP non fixo nada nesta materia

O viceportavoz parlamentario, Antón Sánchez, asegurou que estamos no punto de partida en materia de rehabilitación.
Publicado por o día 25/04/2017 na sección de En Marea,Política,Vigo

En Marea asegura que a comparecencia da conselleira de Vivenda chea de xeneralidades e sen dato algún demostra que o PP non fixo nada nesta materia

O viceportavoz parlamentario de En Marea, Antón Sánchez, asegurou que a comparecencia da conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, no Parlamento non lle resultou decepcionante pese a que unicamente trasladou xeneralidades e literatura, xa que para iso terían que esperar outra cousa dela. Para que non fora así tería por exemplo que informar de como se está a desenrolar o programa de informe de avaliación de edificios aprobado en 2015 e que resulta fundamental para saber cal é a situación real e desde ela impulsar políticas nesta materia. Algo que a propia conselleira recoñeceu non teñen. Habería que informar tamén doutras cuestións como que se vai observar para avaliar o impacto dos seus programas, algo que igualmente non comentou na súa comparecencia.

Fronte a isto, a conselleira limitouse a anunciar a creación do Observatorio de vivenda para ter datos para impulsar políticas de vivenda e unha Lei de rehabilitación, o que ben a recoñecer que estamos no punto cero das políticas de vivenda e rehabilitación de vivenda. “Que fixeron desde que chegaron entón en 2009?“ preguntou Sánchez. Unha lei que engadiu non parte da iniciativa da Xunta de Galicia senón que ben de Europa. Durante todos estes anos de feito quedou de manifesto a falla total de interese por parte do Goberno pola rehabilitación xa que “non puxeron nin un euro durante todos estes anos“ e nin tan sequera contan cunha regulación da rehabilitación na Lei do solo que continúa a insistir na expansión e recalificación do solo.

Pero non é unha prioridade nin nos orzamentos nin na execución dos Orzamentos onde o ano pasado rexistrouse un nivel de execución do 15 por cento e no relativo á rehabilitación un 48 por cento. “Sistematicamente os orzamentos de vivenda en Galicia presentan os peores datos de execución do Estado ano tras ano, e veñen aquí a facer autobombo“ declarou Sánchez.

No ámbito rural, Sánchez asegurou que “están moi ben como complemento as axudas pero unha vez máis necesítase unha política integral xa que o único xeito de fomentar a rehabilitación e que a xente viva no rural dignamente e con capacidade económica para facer fronte á rehabilitación das dúas vivendas“.

“A literatura está moi ben pero o que precisa Galicia é un plan integral de país que o PP non ten“ concluíu o viceportavoz parlamentario.

“O PP NON ESTÁ A TEMPO DE REHABILITACIÓN, HAI QUE DEMOLER“

O viceportavoz parlamentaria referiuse na súa intervención ao que cualificou como “espectáculo indignante“ provocado polos últimos casos de corrupción do PP coñecidos estes días. “Hai moitas veces que por non acometer a rehabilitación a tempo hai que demoler. Cando hai demasiado tempo que as estruturas se corrompen xa non é posible a rehabilitación e moito menos cando estas estruturas non eran habitables porque estaban mal feitas. Iso mesmo é o que lle ocorreu co PP“ asegurou Sánchez.

“O PP non está a tempo de rehabilitación, hai que demoler“ afirmou engadindo que “é o instrumento político para servir aos poderes económicos e viven das migallas que eles lles dan“. “Hai que demoler, están a tempo de vir aquí e pedir desculpas“ concluíu Antón Sánchez dirixíndose ao grupo parlamentario do Partido Popular.