En Marea asegura que os 333 millóns de euros de beneficios de Abanca demostran que o PP levou a cabo unha manobra de descrédito público das Caixas

O grupo parlamentario rexistrou unha pregunta no Parlamento de Galicia para que o Goberno galego dea a súa opinión sobre esta “estafa” á cidadanía.
Publicado por o día 13/05/2017 na sección de En Marea,Política,Vigo

En Marea asegura que os 333 millóns de euros de beneficios de Abanca demostran que o PP levou a cabo unha manobra de descrédito público das Caixas

O grupo parlamentario de En Marea rexistrou unha pregunta no Parlamento de Galicia para coñecer a opinión da Xunta de Galicia da estafa que supuxo a privatización das Caixas e a precipitada venda, a prezo de saldo, de Abanca despois de se coñecer os últimos datos publicados dos beneficios no ano pasado que superan os 333 millóns de euros. Estas cifras de beneficios dan a razón a En Marea cando fala de estafa ao valorar este proceso de liquidación, fusión, bancarización e posterior liquidación e venda das Caixas Galegas, unha estafa tramada dende a oligarquía financeira estatal, coa inevitable axudas dos poderes públicos, tamén da Xunta de Galicia. “Unha estafa pagada por todos e todas xa que recibiu cartos públicos para ser regalada” denunciou o deputado parlamentario de En Marea, Manuel Lago.

“Escotet fixo un negocio Redondo comprou unha entidade rescatada con cartos públicos (9.600 millóns), foi vendida por apenas 1.003 millóns dos que so se pagaron 400, e nos tres primeiros anos acadou un beneficio de 1.820millóns de Euros“ salientou Lago, “e todo grazas as decisións das administracións deste país dirixidas polo Partido Popular“.

Con estes datos resulta unha evidencia que a Caixa estaba mal valorada, para permitir entregar este negocio multimillonario a elite financeira internacional. Os seus resultados de hoxe, non teñen a ver cun novo modelo de negocio, nin con novas formas de facer, estes beneficios xa estaban no seu balance, dende os seus créditos fiscais, os seus activos como R ou Itinere, e por contar co 40 por cento dos aforros dos Galegos, polo tanto “asistimos a unha trama de descrédito e liquidación das Caixas Galegas que debe e merece ser investigada de forma contundente para depurar responsabilidades penais e políticas” aseguran desde o grupo parlamentar de En Marea.

“Como é posible que un Banco que en apenas tres anos, duplica en beneficios o custe da súa compra, non puidese retido como público?. Como se explica a súa prematura venda a prezo de Saldo?” preguntou o deputado Manuel Lago que afirmou que “cada día é mas evidente a manobra de descrédito publico das Caixas Galegas, para permitir esta multimillonaria operación, eliminar o sistema das Caixas e privatizar os aforros dos Galegos“.

Por todo o isto o grupo Parlamentar de En Marea, preguntará ao Goberno galego en comisión pola súa opinión da estafa que supuxo a privatización das Caixas e a precipitada venda, a prezo de saldo, da entidade rescata, a vista dos beneficios actuais.