En Marea asegura que PP estase a rir dos galegos e galegas no relativo á pedir a transferencia da AP9

Unha vez máis o PPdeG votou a favor da iniciativa de En Marea, aprobada por unanimidade, na que se solicitaba a transferencia desta autoestrada mentres no Congreso dos Deputados vetaban definitivamente o debate desta petición aprobada no Parlamento por unanimidade e que foi negada xa con anterioridade polo PP.
Publicado por o día 14/12/2016 na sección de En Marea,Política,Vigo

En Marea asegura que PP estase a rir dos galegos e galegas no relativo á pedir a transferencia da AP9

En Marea lamenta o cinismo e o dobre discurso do PPdeG que unha vez máis volveuse a rir dos galegos e galegas botando a favor da Proposición non de Lei de En Marea na que se instaba a esixir ante o Goberno estatal a transferencia da titularidade e xestión da autoestrada AP9 e que foi aprobada por unanimidade no Parlamento de Galicia, mentres ao mesmo tempo, o Partido Popular no Congreso dos deputados solicitaba a paralización da tramitación da PNL aprobada por unanimidade polo Parlamento de Galicia negándose a aceptar o mesmo debate da transferencia da AP-9. Para En Marea esta forma de actuar do Partido Popular supón unha auténtica “tomadura de pelo“ e unha total falla de respecto á cidadanía do noso país.

O grupo parlamentario de En Marea esixe así mesmo ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, un pronunciamento claro e contundente contra o comportamento do Goberno español escudándose en mentiras para bloquear o debate dun acordo unánime do Parlamento de Galicia, se que como di defende a transferencia da AP9.  Ministro de Fomento anuncio o rescate das radiais de Madrid, cun custe superior aos 5.000 millóns de euros, mentres négaselle a Galicia a xestión dunha autoestrada fundamental para o noso país.

Unha actuación do Goberno do Estado que contrasta co anuncio onte mesmo do Ministro de Fomento sobre o rescate das radiais de Madrid que custará máis de 5000 millóns de euros, mentres négaselle a Galiza a xestión dunha autoestrada fundamental para o noso país.