En Marea asegura que a Xunta de Galicia non ten de que presumir despois de se coñecer os datos da Memoria anual de Sogama

En Marea esixe ao Goberno galego que impulse políticas de xestión de residuos nas que o negocio de Gas Natural estea por enriba dos intereses do país.
Publicado por o día 17/11/2016 na sección de En Marea,Medio Ambiente,Política,Vigo

En Marea asegura que a Xunta de Galicia non ten de que presumir despois de se coñecer os datos da Memoria anual de Sogama

O viceportavoz de En Marea, Antón Sánchez, e o deputado Marcos Cal, reuníronse esta mañá co secretario executivo de Adega, Fiz Iglesias, para falar da situación de SOGAMA e a memoria recentemente publicada  que tiran por terra as declaracións da Xunta de Galicia e da Conselleira que están a presumir dun “sistema perverso, ineficiente e que non cumpre ningún dos principios da Lei Galega de Residuos galega nin coas directivas europeas”. Segundo os datos coñecidos na Memoria anual, Sogama reciclou no ano pasado un 3,34 por cento dos residuos que entran na planta cando debería estarse reciclando polo menos o 50 por cento, cun descenso ademais do que se reciclou no ano anterior. “Isto é así porque non hai ningún estímulo para reciclar, o negocio de Gas Natural é queimar, canto máis residuos mellor e producir máis electricidade que pagamos nós tamén mediante primas” denunciou Antón Sánchez.

O vicevoceiro de En Marea considerou así mesmo “unha tomadura de pelo” que a Xunta de Galicia presuma de conxelar o canon do lixo, é unha tomadura de pelo despois de incrementar en 2014 un 33 por cento e rebaixar despois un 10 por cento, “so faltaría que presuman de conxelalo despois de incrementalo un 23 por cento e coa evolución dos salarios”.

O secretario executivo de Adega, Fiz Iglesias, afirmou que “o modelo Sogama é un auténtico fracaso, caro, pouco ecolóxico e ineficiente, co que hai que acabar desde abaixo, desde as vilas e concellos, xa que un cambio de políticas do PP semella imposible”. Lembrou que todas as empresas con participación pública teñen obriga de presentar Memoria anual, pero en Galicia “Feijóo secuestrou eses datos e deixouse de publicar a memoria anual de Sogama durante oito anos tendo que o facer agora por imperativo legal”. “Os motivos están ben claros despois de coñecer os datos” destacou o representante de Adega.

O representante de Adega coincidiu en criticar a actitude da Conselleira vendendo como éxito o que é un auténtico fracaso, “unhas cifras de reciclase que podería ter calquera vila nos anos 60-70”. “Presentar unas cifras de reciclaxe despois de 20 anos do 3,3 por cento é algo ridículo” denunciou Fiz Iglesias. Desde Adega salientouse así mesmo a baixa taxa de eficiencia da planta de Sogama que demostran as cifras incluídas na Memoria anual que nin tan sequera cumpre co mínimo marcado pola Unión Europea para poder ser considerado valorización enerxética. Emisión de gases de efecto invernadoiro os datos son igualmente alarmantes xa que entre 2009 e 2015, con menos residuos tratados en 2015 emitiu máis CO2.

A memoria de Sogama evidencia a ineficiencia do sistema, o caro e insolidario xa que se basea na incineración para lle dar negocio á Gas Natural. Desde Adega solicitaron a comparecencia da Conselleira e do presidente de Sogama para explicar en sede parlamentaria como é posible que despois de 20 anos manteña estas “cifras paupérrimas de reciclaxe que poden ser similares as que podía ter calquera vertedoiro dun monte galego”. Sogama recibe anualmente 180 millóns anuais das arcas públicas galegas ao que hai que sumar os máis de 400 millóns investidos na súa construción.

En Marea aposta e traballará por dotar ao noso país dun modelo eficiente, ecoloxicamente sostible e cumprir coa lexislación impulsando políticas de redución, reutilización e reciclaxe.