En Marea atende demandas veciñais e rexistra iniciativa para que Fomento arranxe os problemas da N-525

A deputada de En Marea no Congreso, Alexandra Fernández, xunto cos parlamentares da Cámara galega, Davide Rodríguez e Paula Quinteiro, e a concelleira, Lara Rodríguez, abordaron necesidades de Lalín e comarca para trasladar en iniciativas parlamentares.
Publicado por o día 09/02/2017 na sección de En Marea,Política,Vigo

En Marea atende demandas veciñais e rexistra iniciativa para que Fomento arranxe os problemas da N-525

A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, presentou esta tarde en Lalín a última iniciativa rexistrada no Congreso que recolle as demandas dos veciños e veciñas da parroquia de Bendorio, en concreto no lugar de A Laxe, para que se arranxen os problemas da N-525 ao paso pola zona.

A parlamentar de En Marea, xunto cos parlamentares do Parlamento galego, Davide Rodríguez e Paula Quinteiro, visitaron Lalín e mantiveron unha xunta con representantes de APAC (Plataforma Aberta Cidadá), entre elas a concelleira Lara Rodríguez, para abordar cuestións que atinxen ás necesidades de Lalín e comarca co propósito de trasladalas ao Congreso e tamén ao Parlamento galego.

Ademais, formulouse a posibilidade de crear unha folla de ruta conxunta para que En Marea siga en continuo diálogo coas mareas municipalistas, non só para trasladar propostas, senón tamén para traballar en conxunto e realizar xornadas de debate abertas sobre as diferentes problemáticas dos territorios.

As iniciativas para Lalín

Alexandra Fernández explicou algunhas das iniciativas realizadas xa por En Marea que afectan a Lalín como unha proposición non de lei para que Fomento negocie coa concesionaria da AP-53, tramo Santiago-Alto de San Domingo (Dozón, Lalín) unha rebaixa dos costes das peaxe e se abra un proceso de diálogo para iniciar a transferencia deste tramo.

Igualmente en materia de infraestruturas, aludiu á iniciativa presentada para mellorar os problemas de seguridade vial da N-640 ao seu paso por Lalín, pregunta que recibiu resposta do Ministerio na que basicamente nega problemas de seguridade vial no tramo urbano e remítese a un proxecto de rehabilitación do firme que non ten concreción de ningunha caste e que como dí “dependerá de disponibilidades orzamentarias”.

Consciente da importanza e do peso que o sector lácteo ten na comarca do Deza, tamén explicou a proposición de En Marea para otorgar estabilidade ao sector no que atinxe aos prezos do leite.

Nesta xuntanza tamén se falou das posibles medidas a ter en conta para mellorar o sector agrario. A concentración parcelaria, o plan urbanístico e de ordenación do territorio, o acceso á propiedade no rural ou a aposta pola diversidade de produción, foron algúns dos temas debatidos na xuntanza.

Catasós

A parlametar, que hai meses dirixírase ao Goberno para que se retirase o proxecto de liña de alta tensión en Catasós, parabenizou ao movemento social por ter logrado paralizar o proxeto que supuxo un revés para a compañía eléctrica Fenosa.

N-525

Finalmente, Alexandra Fernández fixo entrega da pregunta parlamentar rexistrada no día de onte na que demanda a Fomento que atenda por fin as demandas da veciñanza de Bendorio que levan anos reclamando que o Ministerio arranxe a desfeita realizada co firme da N-525.

“Hai anos Fomento levou a cabo unhas actuacións no firme que o deixaron máis elevado que as casas. É dicer, as casas están agora a unha altura considerablemente inferior á do firme, o cal provócalles problemas de inundacións, filtracións e humidades cando son tempadas de choivas”, explica Alexandra Fernández.

Igualmente traslada ao Ministerio a necesidade de construir beiras rúas nesta zona moi transitada por viandantes e peregrinos. “Unha obra sinxela que permitiría de paso soterrar a rede de sumidoiro”.

A deputada de En Marea insta a Fomento a dialogar coa veciñanza afectada e solucionar estas cuestións canto antes.

Alexandra Fernández, Davide Rodríguez e Paula Quinteiro comprometéronse a levar a ambas Cámaras todas aquelas problemáticas de Lalín e comarca que se plantexen.