En Marea celebra o segundo aniversario de Marea Marín reclamando un concello participativo e melloras para a vila

Luís Villares, Xosé Manuel Beiras e Lidia Senra acompañaron a Sandra Pesqueira no acto reivindicativo de celebración do segundo ano da Marea en Marín.
Publicado por o día 03/06/2017 na sección de En Marea,Galicia,Marín,Política,Vigo

En Marea celebra o segundo aniversario de Marea Marín reclamando un concello participativo e melloras para a vila

A Alameda Rosalía de Castro serviu de espazo para celebrar o segundo aniversario da creación da Marea Marín e da súa chegada ao concello. Nun acto reivindicativo participaron Luís Villares, voceiro de En Marea, a eurodiputada Lidia Senra, Xosé Manuel Beiras e a voceira de Marea Marín, Sandra Pesqueira.

Os catro intervintes coincidiron en sinalar a importancia dos movementos veciñais e cidadáns para a transformación dunha sociedade que non deixou de perder dereitos desde o inicio da crise. Nas intervencións dos catros participantes tamén quedou clara o apoio á convocatoria de manifestación contra a permanencia do complexo Ence Elnosa na ría.

Luís Villares sinalou, xunto con Sandra Pesqueira, algúns dos asuntos que o PP mantén pendentes en Marín, como a situación do centro de saúde, “inagurado por Feijóo pero con non cobre as necesidades da xente traballadora de Marín”, segundo sinalou a voceira de Marea Marín, Sandra Pesqueiras.  A voceira tamén sinalou todas as ocasións nas que a alcaldesa do PP deixa de atender as demandas dos veciños para “facer unha xestión só para facerse unha foto”.

Luís Villares fixo fincapé en todas as necesidades que o PP non atende en Marín e sinalou que xa era hora de que os terreos “da Escola Naval de Marín “poidan ser utilizados pola cidadanía e permitan aos veciños da vila contar cun espazo para contar coas mellores dotacións públicas”.

Villares sinalou que Marea Marín era a demostración de que o espazo político conformado por En Marea non só é necesario senón que demostra “cada día a súa utilidade”. Villares apuntou que o espíritu que anima a confluencia está “perfectamente demostrado en Marín porque o fundamental é cambiar un xeito de gobernar que nunca pensa en que necesitan os veciños”. O voceiro de En Marea tamén sinalou na súa intervención que Marín, como o resto das poboacións da ría, precisan que Ence Elanosa saían dela, “temos que esixer que a celulosa abandone xa a ría, parque a cidadanía recupere a ría e a ría estea limpa”.

Xosé Manuel Beiras, membro do Consello de En Marea, sinalou que era imprescindible para unha sociedade contar cunha cidadanía que sobarde “esa vella articulación da alternancia política, que xa demostrou que só prexudica á cidadanía”. Beiras tamén explicou que En Marea viña a organizar ese movemento da cidadanía para facer unha política diferente, “unha política que acabe con isto que temos agora, co desgoberno do PP”.

Lidia Senra, eurodiputada, reivindicou a necesidade de ter voz en Europa, “Unha grande parte dos regulamentos que afectan á vida dos cidadáns son decisións tomadas en Europa que chegan aos veciños catro ou cinco anos despois e que o goberno di que son cousas de Europa, pero mentres dificultan a participación das pequenas formacións na toma de decisión da cámara europea”.  “Pasa así -segunda a eurodiputada- con casos como os do leite ou como sucede agora mesmo coa mineiría subacuática na que a opinión española está representada só polo PP tentando favorecer os intereses das empresas, o que estragará os fondos mariños”.