En Marea centrará todas as súas iniciativas do vindeiro pleno na defensa da igualdade e a loita contra a violencia machista

O portavoz, Luís Villares, explicou que a intención do seu grupo é impulsar unha acción en positivo na que se presentará un programa positivo en transversal en prol da igualdade para rematar dunha vez contra a violencia machista.
Publicado por o día 20/12/2016 na sección de En Marea,Política,Vigo

En Marea centrará todas as súas iniciativas do vindeiro pleno na defensa da igualdade e a loita contra a violencia machista

O grupo parlamentario de En Marea centrará todas as súas iniciativas do vindeiro pleno do Parlamento de Galicia na defensa da igualdade e a loita contra a violencia machista. O portavoz de En Marea, Luis Villares, anunciou na rolda de prensa posterior a Xunta de portavoces a intención do seu grupo de presentar un programa en positivo e transversal en prol da igualdade para poder rematar dunha vez coa violencia machista.Villares explicou que os graves acontecementos desta fin de semana levaron a En Marea a defender a necesidade de impulsar unha acción en positivo para atacar o problema desde a base e desde todos os ámbitos xa que xa que “so acadando unha maior igualdade entre mulleres e homes a todos os niveis se pode loitar e acabar cos comportamentos machistas“. A acción non se pode reducir ao ámbito penal xa que a reacción neste ámbito prodúcese cando desgraciadamente é xa demasiado tarde, ante unha manifestación extrema de discriminación e desigualdade como é un asasinato machista. Por este motivo En Marea quere dar un paso máis levando ao pleno da vindeira semana unha serie de iniciativas orientadas a dar un tratamento integral non só da loita contra a violencia machista senón da igualdade e en positivo.

Das dúas proposicións non de lei de En Marea, a primeira delas estará centrada na educación en igualdade no ensino. Igualdade tanto en contidos, en valores, na superación de estereotipos e é o que nos leva a En Marea a rexeitar a subvencións a centros que segregan por sexo xa que supón unha educación non igualitaria. En Marea incidirá no aspecto educativo como fundamental para acadar a igualdade real na sociedade.

A outra das PNL de En Marea destaca a necesidade de incidir na violencia de xénero no ámbito rural, onde a situación e a discriminación está moito máis invisibilizada. En Marea insistirá na necesidade de dar un pulo político de prevención e erradicación da violencia de xénero no rural.

A interpelación ao Goberno da Xunta serán por unha banda para coñecer a situación da atención asistencial na Sanidade pública tanto na detección de situacións de violencia como de atención as vítimas. Villares afirmou que o sistema público non está a funcionar como debera, con retrasos na detección e atención as veces por falla de persoal e medios e a pesar da boa disposición e compromiso do persoal sanitario pero existen carencias que se deben arranxar.

A moción que En Marea levará ao pleno está centrada na defensa da igualdade salarial entre homes e mulleres xa que “para que exista a independencia real debe haber tamén independencia económica polo que non é admisible as diferencias salariais entre un 8 e un 20 por cento dependendo do sector e o goberno galego debe tomar medidas para garantir a igualdade salarial“.

En Marea preguntará ademais ao Goberno en relación as denuncias de casos de violencia de xénero na administración pública, máis alá dos datos de denuncia penal os casos que se detectan na propia administración pública, saber cal é a reacción da propia administración ante estes casos. A pregunta urxente será sobre o tratamento que se fai sobre a violencia machista xa que o xeito no que se traslada a información mantén determinados marcos de carácter cultural e social.

A pregunta ao Presidente da Xunta de Galicia relativa a violencia machista será redactada polos propios colectivos de mulleres que serán eles os que propoñan a pregunta que En Marea levará ao vindeiro pleno para que o presidente da Xunta de Galicia.

“E preciso retomar os marcos da igualdade en todos os ámbitos“ concluíu Luís Villares. Con esta acción En Marea quere non só amosar o seu compromiso constante na defensa da igualdade e a loita contra a violencia machista senón presentar unha serie de iniciativas que deben ser prioridade e que se deben atender de xeito inmediato para acabar coa violencia machista.