– A Marea continúa medrando e espallándose
– Convidados pola Asociación de veciños/as de Novo Vigo, a marea chega a Navia.
– O xoves 4 de Decembro, ás 20:30 farase o acto de presentación da Marea de Navia no local da AVV Novo Vigo (r/ As Teixugueiras 11, portal 6).
Neste acto participativo, no que ademáis de explicar a iniciativa da Marea de Vigo, preguntatase á veciñanza polas súas necesidades e inquedanzas, tamén se comezará a artellar a Marea de Navia. Así que se es veciño/a de Navia ou a súa contorna debes unirte! Sexa acudindo a este acto ou respostando a este mail mostrando o teu interese en participar nesta Marea de Navia (avisarate por se podes/queres participar nos vindeiros pasos)
Se non es de Navia, ánimate e achegate igualmente a Navia este xoves. Ademáis de arroupar òs/ás compañeiras de Navia, poderas coñecer como esta a funcionar e podes participar na Marea de Vigo así como iniciar unha Marea no teu propio barrio/parroquia (para isto tamén podes mandar un correo a este mail, diciando cal/es é o teu barrio/os).
PRENSA MAREA VIGO
Noticias de última hora en Vigo