En Marea, co Zaytuna e as súas tripulacións e pasaxeiras.. Por unha Palestina Libre!!

Publicado por o día 05/10/2016 na sección de En Marea,Política,Vigo

En Marea, co Zaytuna e as súas tripulacións e pasaxeiras.. Por unha Palestina Libre!!

Gaza segue sendo, a día de hoxe, un dos maiores cárceres a ceo aberto do mundo. A súa poboación leva demasiado tempo sendo sometida a un bloqueo ilegal e inhumano por parte do estado de Israel.

En Oriente Medio téñense escrito moitas das páxinas máis duras, sanguinarias e crueis da Historia da Humanidade nos últimos 70 anos. Nunca esqueceremos as Guerras dos Seis Días ou do Yom Kipur; as ocupacións ilegais non só de Cisxordania e Gaza, senón tamén dos Altos do Golán ou do Sinaí; as masacres de Sabra e Chatila; a infame visita de Ariel Sharon á explanada das Mezquitas ou a construcción do muro da Vergonza.

Existen centos de miles de persoas, palestinas de Gaza e Cisxordania, que dende a Nakba ainda se enfrontan día a día á ocupación israelí coa complicidade da comunidade internacional. Que viven bloqueadas sen a posibilidade de achega de axuda humana e material imposibilitada polo bloqueo. Que sufren maltrato en cárceres israelies como presos políticos. Que pretenden que se cumplan as cerca de 100 resolucións de nacións unidas que o estado sionista ignora. Que non se rinden. Que non abandonan a esperanza de vivir na súa terra en liberdade. Pero que pagan un prezo altísimo ao enfrontarse a Israel.

Mentres, activistas pro dereitos humanos de todo o mundo secundan e apoian iniciativas diversas para que acabe a ocupación israelí e romper o bloqueo a Gaza. Xa se cumpliron seis anos dende que o exército israelí asaltou o Mavi Mármara, no que morreron 10 activistas e varias ducias resultaron feridas. Os movementos FreeGaza e Rumbo a Gaza tentaron en diversas ocasións romper o bloqueo atravesando o Mediterráneo e accedendo a Gaza por augas internacionais, en misións que sempre foron abortadas de forma ilegal polo exército de Israel.

Hoxe o Zaytuna-Oliva remata coa súa travesía para que a súa pasaxe, íntegramente feminina, consiga romper o bloqueo a Gaza. Unha misión composta por unha premio nobel así como diversas diputadas, activistas e intelectuais de todo o mundo que buscan visibilizar a implacable e desalmada política israelí respecto á poboación gazatí.

É máis que probable que, de novo, asaltadas polas forzas de ocupación israelís, o Zaytune non poida completar a simbólica misión. Poderán seguir secuestrando barcos de forma ilegal. Pero non evitarán que medre o mar. En Marea, co Zaytuna e a súas tripulacións e pasaxeiras.. Por unha Palestina Libre.”