En Marea completa o seu plenario “como unha alternativa real para converter Galicia nun país mellor”

O plenario do 15X aprobou a ponencia que definirá o espazo político e as principais formas de organizativas coas que traballará a formación.
Publicado por o día 16/07/2017 na sección de En Marea,Galicia,Política

En Marea completa o seu plenario “como unha alternativa real para converter Galicia nun país mellor”

O plenario de En Marea definiu o xeito de traballar que terá este espazo político nos vindeiros meses. O plenario aprobou os principais documentos políticos e tamén os xeitos organizativos que terá a formación. Deste xeito aprobouse o documento que define a En Marea como alternativa política das maiorías socias de Galicia, un documento no que se incorporaron de maneira xeralizada as emendas presentadas. No mesmo sentido, a plenario aprobou o modelo organizativo e que suporá a consolidación da organización resultante do anterior plenario, celebrado en decembro.

Arredor de 500 inscritos acredítaronse para participar nos debates e nas votacións celebradas no Pazo de Congresos de Santiago, uns debates que, segundo explicou o voceiro, Luís Villares, “non tiveron perdedores e si un claro e si un claro gañador, a cidadanía galega que ten en En Marea unha ferramenta de ruptura e de transformación social”.

Villares tamén salientou ao rematar o plenario que este foi “unha demostración de forza democrática e de capacidade de debate”. O voceiro de En Marea apuntou na súa comparecencia de valoración final do plenario que ao contrario que nos partidos políticos convencionais “nós entendemos que non ten que ser A ou B, que ten que ser A+B porque a suma de ambas ten que dar no alfabeto completo”.

Durante a celebración do plenario, ademais dos debates das ponencias, os distintos ámbitos institucionais nos que traballa En Marea renderon contas do traballo realizado durante o último semestres, ao tempo que escoitaron dos inscritos as súas suxerencias e inquedanzas, unha proba máis, segundo Villares, do compromiso de En Marea cos seus inscritos e que anima a unha maior participación dos plenarios.

A sesión foi retransmitida ao longo de toda a xornada, a través dun streaming ao alcance de toda a cidadanía, o que pon de manifesto a vontade de transparencia que En Marea quere instaurar todas as esferas da sociedade. É a primeira vez que unha forza política transmite un debate plenario completo. Este debate pode visionarse de novo na canle de You Tube do espazo (https://goo.gl/orQUwc).

Luis Villares valorou moi positivamente o transcurso dunha xornada que serviu para unir e que deixa a En Marea como a única alternativa real ao goberno do PP.

Votacións e resultados por orde de celebración

Emenda á totalidade do regulamento do plenario:

Fav: 205 / Contra 237

Documento completo da regulación do plenario coas emendas incorporadas:

Fav: 241 / Contra: 185

——————–

Rendición de contas do Consello das Mareas:

Fav: 243 / Contra: 162 / Abstencións: 20

Rendición de contas do GP de En Marea no Parlamento Galego:

Fav: 261 /  Contra: 51 /  Abstencións: 50

———————

Emenda á totalidade do documento EM como alternativa política:

Fav: 215 / Contra: 253

EM como alternativa política, documento completo coas emendas incorporadas:

Fav: 255 / Contra:194 / Abst: 11

————-

Documento de maternidade subrogada:

Fav: 201 / Contra: 22 / Abstencións: 4

————-

Ponencia sobre o financiamento autonómico. (Rexeitada emenda a totalidade):

Fav: 234 / Contra: 177

————

Emenda parcial ao regulamento da Coordinadora e do Consello:

Fav: 166 / Contra: 225

Regulamento da coordinadora. (Rexeitada emenda á totalidade):

Fav: 241 / Contra: 209

Regulamento do Consello das Mareas. (Rexeitada emenda á totalidade):

Fav: 224 / Contra: 139

————–

Dación de contas do grupo parlamentario no Congreso:

Fav: 197 / Contra: 13 / Abstencións: 29

———–

Carta financeira. (Rexeitada a enmenda a totalidade):

Fav: 218 / Contra: 165

———–

Emenda nº4 ao texto de relación coas Mareas:

Fav: 80 / Contra: 158

Documento de relación coas mareas locais. (Rexeitada a emenda á totalidade)

Fav: 186 / Contra: 131