En Marea comprométese a seguir traballando polo cambio político “desde mañá mesmo”

Publicado por o día 27/06/2016 na sección de Elecciones 26J,En Marea,Política

En Marea comprométese a seguir traballando polo cambio político “desde mañá mesmo”

Os candidatos e candidatas de En Marea agradeceron o apoio e confianza amosada unha vez máis por En Marea polos galegos e galegas cos seus votos nesta xornada electoral. A cabeza de lista de En Marea por Pontevedra e deputada electa do Congreso, Alexandra Fernández asegurou que “os datos non os que agardábamos pero tamén é certo que este proxecto se nutre dos movementos da rúa, e a loita é longa e seguiremos a traballar no cambio político tamén a nivel do Estado”. “A loita polo poder ten que pasar pola unidade, mirar cara ao proceso propio e seguir pulando por que este proceso camiñe con vistas ao futuro. Seguiremos avanzando” concluíu.

O cabeza de lista pola Coruña e tamén deputado desde esta noite electoral, Antón Gómez-Reino, salientou que os resultados desta xornada electoral supoñen unha “mala nova para o cambio político no Estado español”. “O bloque conservador se reordena, o que fai que Ciudadanos non teña representación e o PP acumule este bloque conservador de xeito claro. Quédanos o compromiso do traballo, do día a día, de toda esa xente que traballa dia a día nese espazo das mareas que irá pouco a pouco indo máis alá” afirmou Gómez-Reino.

A número 2 pola Coruña que tamén ocupará un escano no Congreso nesta nova lexislatura , Yolanda Díaz, asegurou que En Marea é “unha marea viva, que rexurde e temos a experiencia dabondo para desde mañá comezar a traballar polo futuro, empezar unha nova andaina no noso país”. “A partir de mañá comezamos de novo e rematamos dicindo con moita mágoa que os resultados de Ourense quede sen representación co todo o que se ten feito nesa provincia pero seguimos cara adiante e por suposto Hai Marea!” concluíu Yolanda Díaz.