En Marea condena o último caso de violencia machista en Galicia

Publicado por o 13/02/2017
En Marea condena o último caso de violencia machista en Galicia

O grupo parlamentario de En Marea condena publicamente o último caso de violencia machista acontecido en Salceda de Caselas. O grupo parlamentario quere facer un chamamento á cidadanía a denunciar calquera evidencia de maltrato, así como animar ás mulleres vítimas da violencia machista a ser valentes e dar un paso adiante, pasos valentes para saír da situación na que se atopan.

É responsabilidade de toda a sociedade poñer as condicións para os casos de maltrato deixen de ser unha páxina diaria nos xornais do noso país logrando erradicar non só os casos de violencia machista senón toda forma da desigualdade. “A violencia machista é a demostración máis extrema da desigualdade na que todas e todos, en todos os ámbitos e sectores diarios temos que colaborar, responsabilizarnos e comprometernos na súa erradicación“ declarou Luís Villares.

En Marea amosa unha vez máis o seu firme compromiso na loita contra a violencia machista e calquera mostra de maltrato e a súa loita incansable pola igualdade e continuará traballando nesta liña non só os días nos que se coñece un caso de violencia machista senón todos os días.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.

ANUNCIOS DESTACADOS EN VIGO

crear anuncio

Amura Restaurante

http://www.amuravigo.es

Gran variedad de pescados, carnes, mariscos y pastas en Carral 32

Servicios web

http://www.donwebmaster.com

Dominios, hosting, diseño web, redacción, .. al mejor precio

ARI

http://editorialcirculorojo.com

El libro de Luis Soler con una historia que te sorprenderá