En Marea considera un grave atentado á democracia a supresión de facto do autogoberno de Cataluña

Deixar en mans dunha persoa, Presidente do Goberno dun executivo, a súa potestade por riba dun lexislativo é un autentico golpe antidemocrático.
Publicado por o día 21/10/2017 na sección de En Marea,Galicia,Política

En Marea considera un grave atentado á democracia a supresión de facto do autogoberno de Cataluña

“O Parlamento de Cataluña e o seu Goberno representan democraticamente a un pobo e por iso consideramos un grave erro fulminar aos representantes lexítimos do pobo Catalán” – afirman desde En Marea.

“O PP que se mantivo sempre no inmobilismo elimina agora o seu interlocutor, elimina a política de diálogo e pretende eliminar aos que poderían resolver un conflito que é político”, sinala o voceiro de En Marea Luís Villares, que informou do rexeitamento de En Marea ao que na práctica supón a supresión do autogoberno. “É un problema complexo e o golpe ás institucións democráticas de Cataluña non o vai amañar”.

Dende En Marea reclaman a paralización inmediata das medidas anunciadas polo goberno e piden a todas as partes que se senten a dialogar porque acaban de deixar sen voz ó pobo de Cataluña e isto non é admisible en termos democráticos.

“Rexeitamos a suspensión do autogoberno de Cataluña. Este non é un problema que se resolva cun golpe ás institucións de Cataluña, isto non vai amañar nada e non é admisíbel democraticamente. Reiteramos a nosa petición de diálogo e non de violencia contra as institucións democráticas” – conclúen desde En Marea.