En Marea considera “indignante” que o PP impida a comparecencia de Feijóo para falar dos lumes

O vicevoceiro de En Marea, Antón Sánchez, lamentou que o grupo do PP empregue a escusa de obter toda a información previamente para evitar que o goberno galego responda e asuma a súa responsabilidade pola súa incapacidade, descoordinación e falla de previsión.
Publicado por o día 20/10/2017 na sección de En Marea,Galicia,Política

En Marea considera “indignante” que o PP impida a comparecencia de Feijóo para falar dos lumes

O vicevoceiro de En Marea, Antón Sánchez, considerou “indignante” que o grupo do Partido Popular impedise a comparecencia do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, solicitada por todos os grupos da oposición para falar da situación de emerxencia vivida no noso país nos últimos días polo lume. “É indignante que o PP busque unicamente o seu beneficio partidista” denunciou. Sánchez tachar de “escusa” do voceiro do PP, Pedro Puy, que para xustificar a negativa a aceptar esta petición dicindo que era preciso ter toda a información antes. “A conselleira de Medio Rural dixo no último pleno que o cen por cen foran provocados. Que probas ten?. O mínimo que deberíamos pedir ao goberno galego é un pouco de rigor e dignidade. Esas arroutadas non se poden permitir” salientou Antón Sánchez. O único que está a facer o PP segundo afirmou o vicevoceiro de En Marea é “unha campaña publicitaria deshonesta para desviar atención das verdadeiras causas do lume”.

A realidade deixa en evidencia a incapacidade do Goberno galego, a descoordinación e a falla de previsión. Sánchez lamentou ademais a nula autocrítica e propósito de emenda por parte da Xunta. “Para Feijóo todo estivo ben entón que pasou para que ardesen 35.000 hectáreas e morreran catro persoas” criticou o vicevoceiro de En Marea. “O Goberno galego ten responsabilidade directa na situación vivida os pasados días e é intolerable que non se asuman responsabilidades políticas e opten por xogar cos tempos en beneficio do PP“ declarou Sánchez.

INSUFICIENTES, PREVISIBLES, INSENSIBLES SOCIALMETE E MENTIREIROS

No día de hoxe o Goberno galego presentou os orzamentos da Xunta de Galicia para o vindeiro ano, uns orzamentos que o vicevoceiro de En Marea considerou “insuficientes, previsibles, insensibles socialmente e mentireiros”. Unha das primeiras falsidades sinaladas por Antón Sánchez foi a relativa ás declaracións do presidente da Xunta que no mes de agosto dicía que o teito de gasto medraba nun 5,4 por cento algo que agora se acredita era mentira como xa indicaba En Marea senón que incrementouse un 2,8 por cento que é o que se incrementan os orzamentos presentados hoxe.

Uns orzamentos insensibles socialmente xa que deixan fora da recuperación, milleiros de desempregados de longa duración, ás máis de 70.000 familias sen ningún tipo de ingreso, os desafiuzados, as 26.000 persoas dependentes en lista de agarda pendentes para ser avaliados entre moitos outros. “Un goberno sensible socialmente partiría desta situación de emerxencia social para intentar sacar a esta xente. Fronte a isto, o goberno galego teima en centrarse do teito de gasto e ortodoxia económica en primeiro lugar” lamentou. Desde En Marea aseguran que “estamos nunha fase da mesma política de austericidio e recortes”. Pese a estar nunha fase alcista onde o PIB nominal crece en torno ao 5 por cento, o incremento dos orzamentos é so dun 2,8 por cento o que implica que estamos ante un recorte relativo dun 2 por cento, o que supón seguir adelgazando o público deixando atrás aos verdadeiramente afectados pola crise económica. “Antes estabamos en crise e non había cartos para todos. Agora que o PP di que non estamos en crise so hai cartos para uns poucos” denuncian.

Uns orzamentos mentireiros xa que o Goberno galego di que están dirixidos a gasto social, innovación e emprego, pero a realidade é que mirando a execución do ano anterior atópase que dos 77 millóns para innovación baixouse a 57 millóns de euros tras a modificación realizada dos que tan só se executaron 46 millóns. Dos 54 millóns para emprego estable e de calidade so se acadou unha execución do 64 por cento. En formación para o emprego, o 50 por cento, e as partidas para vivenda continúan a ser as menos executadas.

Nesta primeira valoración realizada polo vicevoceiro de En Marea antes de analizar a documentación rexistrada hoxe no Parlamento, Antón Sánchez cuestionou ademais o anuncio do Goberno galego no que asegura que no vindeiro ano contan con crear 17.500 novos empregos. Sánchez lembrou que desde a chegada de Feijóo perdéronse no noso país 123.000 empregos e segundo datos oficiais de este ano van máis de 1.000 ocupados menos este ano. “Precisaríamos 6 anos e medio para recuperar todo o emprego desde que chegou Feijóo. Prometeu 100.000 empregos ao inicio desta lexislatura polo que se 2017 vai como vai, 2016 foi como foi e para 2018 prometen 17.000, non saen as contas. Hai que pedir polo menos rigor” concluíu o vicevoceiro de En Marea no Parlamento.