En Marea considera que os orzamentos presentados polo Goberno “consolidan os recortes” e non están pensados para a maioría social

Estes orzamentos “non valen para combater a situación de emerxencia social, están pensados para os amigos do Goberno, para o 1%”.
Publicado por o día 31/03/2017 na sección de En Marea,Política,Vigo

En Marea considera que os orzamentos presentados polo Goberno “consolidan os recortes” e non están pensados para a maioría social

O grupo de En Marea no Congreso dos Deputados fai unha valoración negativa das contas presentadas este venres polo Executivo de Mariano Rajoy, que ”consolidan as políticas de recortes” e que non sirven “para combater a situación de emerxencia social”.

“Estes orzamentos están pensados para os amigos do Goberno: os dirixentes do Ibex35 e o establishment de Bruselas”, asegura o portavoz de En Marea no Congreso, Antón Gómez-Reino.

O deputado considera que estes orzamentos “teñen como obxectivo perpetuar o modelo económico na precariedade e a exclusión social”.

Entre 2016 e 2017, o Goberno de Rajoy recortou máis de 10.400 millóns de euros que se acumulan a todos os recortes desde 2008, especialmente en Educación e Sanidade, mentras que aumentou o patrimonio das fortunas máis ricas.

“Estes son os orzamentos que esperábamos por parte dun Goberno que non pensa na xente. Tanto o PSOE como Ciudadanos son cómplices, porque apoiaron co seu voto o teito de gasto que rixe estas contas, unha ferramenta de perpetuación das desigualdades”, asegura o deputado.

En Marea manterá a súa postura e presentará, xunto co resto do grupo confederal, unha emenda á totalidade para demostrar que “hai alternativa”.

“Os nosos orzamentos alternativos demostrarán que se pode crear emprego de calidade, incentivar unha política fiscal máis xusta e que non esté pensada para os amigos do Goberno nin con vantaxes para os privilexiados, para o 1%. Tamén impulsar medidas contra a pobreza e a exclusión social e un cambio no modelo produtivo basado na inversión pública en sectores estratéxicos”.