En Marea considera “unha burla” os motivos explicados por Feijóo e de la Serna para non transferir a AP9 a Galicia

Luís Villares advirte que unha vez máis “de la Serna volveu a dar instruccións a Feijóo e o presidente cambiou o seu “traballo de defender aos galegos para poñerse de lado do goberno español”.
Publicado por o día 31/07/2017 na sección de En Marea,Galicia,Política

En Marea considera “unha burla” os motivos explicados por Feijóo e de la Serna para non transferir a AP9 a Galicia

Luís Villares sinalou trala reunión que Feijóo e o ministro de la Serna que era “unha burla” a argumentación que os dous fixeron para negar unha vez máis a transferencia da AP9 a Galicia. O voceiro de En Marea apuntou que culpar ao “problema territorial de España” como a causa para que non sexa procedente transferir a principal vía de comunicación galega “é unha burla e un argumento de traxicomedia, de non ser que con isto causan un prexuízo aos dereitos e aos intereses dos galegos”.

Villares critica duramente o papel de Feijóo que decidiu “equivocarse de bando outra vez, en lugar ser o presidente da Xunta, decidiu que tiña que apoiar a desculpa do ministro e converteuse en delegado do goberno de España”. Villares preguntouse como pode afectar o traspaso da autopista a Galicia á cuestión territorial española cando “Cataluña xa ten transferida unha autopista en situación análoga á galega”.

O voceiro de En Marea apuntou tamén que o ministro de Fomento “veu unha vez máis a dar instruccións a Feijóo e o presidente da Xunta non foi capaz de facer valer a súa maioría absoluta no Parlamento de Galicia, nin a decisión unánime da cámara e tampouco é capaz de defender os intereses dos galegos”.