En Marea considera unha “vergoña” que o SERGAS volva adxudicar o mantemento de electromedicina á mesma empresa despois do seu incumprimento de contrato

Sanidade adxudicou a Iberman o mantemento de electromedicina na EOXI Pontevedra-Salnés
Por o 29/01/2018 | Sección: En Marea,Política,Sanidad
En Marea considera unha “vergoña” que o SERGAS volva adxudicar o mantemento de electromedicina á mesma empresa despois do seu incumprimento de contrato

A deputada de En Marea e vicepresidenta do Parlamento de Galicia, Eva Solla, asegurou que a renovación do contrato a Iberman do mantemento de electromedicina na EOXI Pontevedra-Salnés é unha “vergoña” tralo incumprimento de contrato desta mesma empresa na anterior contratación. Eva Solla lembrou que, xa no seu momento, esta contratación supuña o detraemento de 25.000.000 de euros dos orzamentos públicos nun servizo que contaba con persoal sanitario propio e que podería seguir desenvolvendo os seus cometidos de maneira pública.

A parlamentaria de En Marea lembra que desde o inicio da contratación desta empresa “se foron dando casos de numerosos incumprimentos por parte da empresa, que non atendía o mantemento nin as averías da maquinaria”. Estos incumprimentos chegaron a ser rexistrados “no informe do Consello de Contas” e a pesar de todos estes problemas na prestación do servizo “o goberno de Núñez Feijóo decidiu volver a adxudicar ao contrato á mesma empresa en lugar de revertelo ao servizo público”.

Para Eva Solla, o problema desta nova adxudicación a unha empresa que xa incumpriu os contratos ten que ver con contar cun pero servizo no mantemento e reparación da maquinaria pero tamén supón “a incapacidade para redactar unhas bases que eviten que unha empresa que se lucrou grazas ao incumprimento do servizo volva resultar adxudicataria do mesmo”. Solla asegurou que isto era “unha vergoña” e significa que o servizo estará mal atendido e que a consellería “é incapaz de facer unha xestión correcta”.

En Marea esixirá no Parlamento de Galicia que este servizo volva ser prestado de maneira pública. Solla explicou que no pasada sesión plenaria “A Xunta negouse a que os traballadores poidan realizar os cometidos de mantemento de electromedicina tras formarse para facelo”. A deputada de En Marea sinalou que os incumprimentos da empresa son “a evidencia de que é necesario que este servizo volva a ser público”.