En Marea convoca un debate aberto sobre Renda Básica Universal

A axenda do sábado de En Marea virá marcada pola celebración dun debate sobre Renda Básica Universal como dereito cidadán perante a crecente pobreza e desigualdade. A traballadora social Isabel Cribeiro, o economista Xabier Davila, a educadora social Eva López e o economista e parlamentario de En Marea Manuel Lago farán achegas sobre esta medida que garante un ingreso mínimo a todas as persoas, nestes tempos nos que traballar non é suficiente para sobrevivir. O coloquio será presentado e moderado pola deputada de En Marea e responsable da área de Políticas Sociais de En Marea, Paula V. Verao e terá lugar no local de En Marea, na rúa Santiago de Guayaquil, 7 de Compostela este sábado ás 10h.

Na xornada trataranse os enormes retos que se nos presentan contra a crise climática, a robotización do traballo. os brutais ataques contra o Estado do benestar e contra a clase traballadora esixennos tamén grandes debates, entre eles o da Renda Básica, ao que nos achegaremos este sábado dende En Marea nunha xornada aberta á participación da cidadanía.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM